CULTURA
Mireia Pintó, mezzosoprano
Nada en Manresa (Barcelona). Realiza os estudos musicais superiores en España e perfecciónaos en Italia e Francia. É galardoada cos máis importantes premios en varios concursos en España e Italia.
O seu repertorio inclúe os xéneros da ópera, o oratorio e o lied. Colaborou con grupos instrumentais de cámara e orquestras, actuando baixo a dirección dos mestres L. Maazel, P. Maag, R. Bonynge, H. Rilling, E. Ericson, J.-C. Malgoire, O. Dantone, A. Zedda, M. Benini, F. Haider, F. P. Decker, B. de Billy, J. López-Cobos, A. Ros Marbà, A. García-Navarro, V. Pablo Pérez, E. Martínez Izquierdo, J. Mena, D. Parry, C. Halffter, A. Anissimov, J. Pons, G. Noseda, J. Casas, R. Behr e S. Brotons, entre outros. Participou en ciclos de concertos, festivais e producións operísticas en Holanda, Alemaña, Grecia, Italia, Andorra, Francia, Mónaco, Rusia, Xapón e España.
Interpretou un extenso repertorio que vai do Barroco a estreas contemporáneas. Forma dúo co pianista Vladislav Bronevetzky, co que ofreceu recitais no Gran Teatre do Liceu, Sala Rachmaninnov de Moscú, Hamarikyu Asahi Hall de Tokio, etc. Gravou para Südwestfunk, BBC Radio 3, Radio Nacional de España-Radio Clásica, Catalunya Música, Radio Netherlands, TVE (Televisión Española), TV Cataluña (TV3), ARTE e Südwestfunk TV. Co pianista V. Bronevetzky gravou un CD con obras de J. Homs e outro titulado Puixkin en música (romanzas rusas); con Manel Camp o CD One life to live, con obras de Weill e Gershwin; participou con José Carreras na gravación da ópera Sly Wolf, de Ferrari, e interviu en dous DVD do Liceu: Il Viaggio a Reims e Die Walküre.
É profesora de canto e lied na ESMUC (Escola Superior de Música de Cataluña). Foi distinguida co Premio Bages de Cultura 2011.
Manel Camp
Manresa 1947. Pianista e compositor. Estudou piano no Conservatorio Superior Municipal de Barcelona e composición contemporánea e orquestación con Joan Guinjoàn. No ano 1970 creou o grupo Fusioon con Santi Arisa, o seu irmán Jordi e Martí Brunet, grupo de música progresista co que realizou numerosas actuacións A partir de 1975 dedicouse á composición e os arranxos musicais, colaborando con Lluis Llach, Mª del Mar Bonet, Raimon, Serrat, entre moitos outros.
En 1982 creou o Manel Camp Trío, despois o dúo de pianos con Josep Mais "Kitflus" e no 1985 editou o seu primeiro disco a piano só, empezando unha carreira que lle conduciu aos festivais de jazz máis importantes. En 1991 forma o dúo Contrast coa pianista clásica Ludovica Mosca, fusionando o barroco e o jazz, en 1994 o Acustic Jazz Quintet, xunto a Matthew Simon, e en 1998 e 1999 publicou dous CD interpretando en clave de jazz as cancións mais emblemáticas da Cançó catalá. Actualmente comparte escenario con Mª del Mar Bonet no espectáculo Blaus de l’Ànima, con Mireia Pintó. Publicou o CD Tangram co seu cuarteto de jazz, e Jazz Nadal co saxofonista Llibert Fortuny e a trompetista Mireia Farrés. Tamén compuxo a banda sonora dunha ducia de películas, diversos ballets e obras de cámara, e ten gravados máis de 30 discos. É profesor de jazz e música moderna da Escola Superior de Música de Catalunya.
María Rey-Joly, soprano
Nacida en Madrid, licenciada en canto pola Escola Superior de Canto de Madrid. Completou a súa formación nas clases maxistrais de Gundula Janowitz, Brigitte Fasbeander, Raina Kabaiwanska e Plácido Domingo. O seu versátil repertorio abrangue dende Mozart ata Wagner, sen descoidar a zarzuela, onde é unha apreciada intérprete. Das súas óperas cantadas podemos destacar: Die Zauberflöte (Pamina e Erste Dame), Così fan tutte (Fiordiligi), Don Giovanni (Donna Elvira), Rita (Rita), Don Pasquale (Norina), La Bohème (Musetta), Falstaff (Alice Ford), Carmen (Micaela), Die Walküre (Ortlinde e Helmwige). En zarzuela: Dona Francisquita (Francisquita), La Gran Vía (Eliseo), Luisa Fernanda (Duquesa Carolina), Marina y La Clementina (Narcisa). Foi Fiordiligi no Così fan tutte de Giorgio Strehler, produción do Piccolo Teatro dei Milan, que se levou por numeroso teatros europeos, como o Teatro de Ópera de Lausana.
Dentro do repertorio vocal sinfónico e de cámara cantou: os Requiem de Fauré e Brahms, Petite Messe Solemne de Rossini, Le Diluge de Saint-Säens, Egmont de Beethoven … É unha destacada intérprete de música española. Foi invitada en teatros de ópera e salas de concerto como o Teatro da Zarzuela, Real, Español e o Auditorio Nacional de Madrid, Teatro da Maestranza de Sevilla, Piccolo Teatro dei Milano, Giuseppe Verdi de Trieste, Quirino de Roma, Giglio de Lucca, Teatro de Opera de Estambul, Nacional de Costa Rica, Villamarta de Jerez, Campoamor de Oviedo, Arriaga de Bilbao, Auditorio de Santa Cruz de Tenerife, Festival de Santander, Palau da Música de Valencia, Festival de Música de Canarias, Festival Cervantino de Guanajuato, Teatro da Ópera de Tours e Teatro da Ópera de Lausana. Gravou para EMI Margarita la Tornera, de R. Chapí; El hijo fingido, de J. Rodrigo; e María de Buenos Aires Suite, de A. Piazzolla para Naxos.
Borja Mariño piano
Naceu en Vigo. É titulado superior en Piano, Solfeo, Música de Cámara, Composición e Musicoloxía polo Real Conservatorio Superior de Madrid. Traballou como mestre repetidor no teatros Real, Zarzuela, Liceu, Maestranza, Cervantes (Málaga), Villamarta (Jerez), Calderón (Valladolid), Campoamor (Oviedo), Aud. Baluarte (Pamplona), Quincena Donostiarra, Festival Mozart e Tempada de Amigos da Ópera (A Coruña), Fest. de Peralada, Fest. Amazonas en Manaus (Brasil), FAOT en México, etc. xunto a os máis importantes directores e solistas internacionais. Dirixiu A voix humaine de Poulenc /Cocteau e puxo a música á obra Masterclass, de Terrence Macnally, sobre a vida de Maria Callas. En colaboración con Operadefondo dirixiu e protagonizou un espectáculo de cabaret, Zarzuela Hall, e unha dramaturxia baseada nos diarios de Robert e Clara Schumann (Dichterliebe und Leben). Esta tempada interpretará o personaxe de Fidel no novo espectáculo de Albert Boadella para os Teatros del Canal.
Como musicólogo realizou importantes traballos sobre as óperas de Albéniz; entre as que se contan a edición crítica da ópera cómica The Magic Opal, que se presentou no Auditorio Nacional de Madrid en 2010 e unha revisión das tres versións de Pepita Jiménez que se presentou no Teatro da Plata (Arxentina) e en 2013 farao en Madrid.
Mireia Pintó e María Rey-Joly, protagonistas de dous novos concertos de Todo Lírica
28/12/2012 Logo da inauguración do ciclo Todo Lírica co concerto de David Menéndez e Rubén Fernández Aguirre, dous novos concertos, desta vez de Mireia Pintó con Manel Camp o domingo 30 de decembro e de María Rey-Joly con Borja Mariño o mércores 3 de xaneiro. Os dous concertos serán no Principal ás 20:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Principal ou en Novagaliciabanco a 8 euros; e pode adquirirse un abono para os catro concertos do ciclo por 20 euros
Mireia Pintó, mezzosoprano, e Manel Camp, pianista, presentan un programa de Cancións de cine, de Broadway a Hollywood, con obras de Porter, Kern, Loewe, Bernstein e Arlen. Pola súa banda, a soprano María Rey-Joly e o pianista Borja Mariño interpretarán pezas de Bernstein, Barber, Chausson, Bizet, Mozart, Strauss, Penella e Gaztambide nun programa baixo o título de Un inverno de contrastes: I love/hate music.Mireia Pintó, mezzosoprano