EDUCACIÓN
Esta é a primeira cesión realizada no marco da iniciativa "Creando Oportunidades - Dou, Dás", que propón o préstamo ou doazón de todo tipo de instrumentos por parte dos composteláns para que nenos, nenas e adultos se aproximen ao mundo da música e teñan a oportunidade de estudar e aprender música. Sen dúbida, a cesión para o uso deste piano representa unha referencia de grande importancia para o desenvolvemento do programa.
A familia Baltar - Boilève cede un piano á Escola Municipal de Música
30/11/2012 O salón de actos da Escola Municipal de Música acolleu un acto no que se formalizou a cesión dun piano de cola á institución académica pola familia Baltar – Boilève. Trátase dun piano J. Bach, Rud.Ibach Sohn 1920.
Esta familia compostelá cedeu o piano de cola á Escola co obxectivo de promover o ensino deste instrumento entre o alumnado santiagués que realiza os seus estudos neste centro municipal de ensinanza da música. No acto participaron a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez; Javier Baltar, en representación da familia; o equipo directivo da Escola Municipal de Música e o alumnado, profesorado e familias da Escola, entre outros asistentes.Esta é a primeira cesión realizada no marco da iniciativa "Creando Oportunidades - Dou, Dás", que propón o préstamo ou doazón de todo tipo de instrumentos por parte dos composteláns para que nenos, nenas e adultos se aproximen ao mundo da música e teñan a oportunidade de estudar e aprender música. Sen dúbida, a cesión para o uso deste piano representa unha referencia de grande importancia para o desenvolvemento do programa.