CENTROS SOCIOCULTURAIS
As visitas a obradoiros de artistas e artesáns tradicionais e contemporáneos, os paseos por edificios singulares, os percorridos a través das pegadas da muralla, as rutas literarias, as visitas a barrios históricos, espazos de arte e creación contemporánea, o acceso a balcóns excepcionais, os itinerarios didácticos a través do urbanismo fosilizado ou as vistas ao Castela da Rocha e outros lugares de interese patrimonial foron os centros de interese aos que as rutas nos achegaron durante estes tres meses de intensa actividade sociocultural.
A falta de rematar a análise e avaliación desta primeira etapa do proxecto dirixido por Mar Bóveda, profesional de longa traxectoria e ampla experiencia en programas educativos e culturais vinculados á divulgación científica e á participación cidadá, destácase a conxugación de tres variables:
1. A selección de contidos e o deseño de rutas que permitiron o coñecemento de persoas e institucións públicas e privadas de Santiago, tendo a oportunidade de acceder á lugares e espazos aos que en moitos casos de forma habitual non está permitido.
2. O traballo de investigación, documentación e a formación dos monitores que sustentaron as rutas, así como a necesaria coordinación e impulso das mesmas dende os equipos de animación dos centros socioculturais, onde se realizaron todos os procedementos de inscrición, atención aos participantes e supervisión técnica para o funcionamento e divulgación do proxecto.
3. A participación das persoas, veciños e veciñas de Santiago que acudiron regularmente as rutas.
O proxecto Cultura Viva tivo unha orientación didáctica, actuando como soporte a dimensión histórica, o dinamismo da creación contemporánea e as persoas coa súa constante e necesaria vinculación cidade, unha cidade única e de vangarda cultural. En xaneiro de 2013 presentarase a nova programación de rutas didacticas, centradas esta vez nas parroquias rurais de Santiago.
A ruta didáctica deste sábado, co título "As orixes de Compostela", permitirá percorrer os espazos e lugares onde aconteceron feitos que deron lugar a Compostela, alén dalgúns vestixios da súa fundación e crecemento ata a cidade que é hoxe en día. Punto e hora de saída: praza de San Fiz, ás 11:00 horas.
Este percorrido rematará coa visita guiada ao Museo das Peregrinacións e de Santiago. Será un lugar significativo para finalizar esta primeira etapa do programa e unha oportunidade para divulgar o novo museo.
Remata a primeira entrega do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela" cunha ruta sobre as orixes da cidade
30/11/2012 Este sábado, 1 de decembro, desenvolvese a última ruta da primeira edición do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Co título "As orixes de Compostela", este percorrido pecha un trimestre cargado de temas, persoeiros e lugares visitados na cidade. En xaneiro presentarase a nova programación de rutas didacticas, que se realizarán ata o remate de 2013. Nesta nova edición, o programa centrarase no desenvolvemento de rutas didácticas pola zona rural de Santiago.
Cualificado como proxecto estrela do seu Departamento polo concelleiro Francisco Noya no momento da súa presentación ao público a principios de setembro, os resultados en canto a participación e desenvolvemento das actividades cumpriron as expectativas de boa acollida tanto entre os participantes, que amosan satisfacción tanto nos comentarios como nas avaliacións, como nos responsables do programa.As visitas a obradoiros de artistas e artesáns tradicionais e contemporáneos, os paseos por edificios singulares, os percorridos a través das pegadas da muralla, as rutas literarias, as visitas a barrios históricos, espazos de arte e creación contemporánea, o acceso a balcóns excepcionais, os itinerarios didácticos a través do urbanismo fosilizado ou as vistas ao Castela da Rocha e outros lugares de interese patrimonial foron os centros de interese aos que as rutas nos achegaron durante estes tres meses de intensa actividade sociocultural.