MOBILIDADE
A este colectivo agradeceulles a súa colaboración xa que, indicou, realizan "un gran esforzo". Neste sentido, explicou que os taxistas non repercutiran ata o momento a suba do IVE do 2%, polo que a suba media do 3,56% asume tamén este incremento do imposto.
Pola súa parte, Jesús Pena tamén exemplificou este esforzo no feito de que a suba do IPC interanual no sector do transportes se sitúa no 6,5%. A isto hai que sumar a perda de viaxeiros que levou ao sector a situarse hoxe nos niveis do ano 2006. Así, a Asociación estima uns 270.000 viaxeiros ao final deste 2012, fronte aos 294.000 rexistrados en 2006.
Tarifas
A baixada de bandeira ou percepción mínima en servizo diúrno quedará en 2013 nos 3,65 euros, fronte aos 3,50 euros de 2012. Este prezo mínimo será de 5 euros en horario nocturno e de 4,25 euros en festivos.
O quilómetro diúrno percorrido custará 0,94 euros; o nocturno, 1,40 e, o festivo, 1,17 euros. As horas de espera terán o seguinte custo: 19,40 euros polo día, 28,50 euros pola noite e 23,60 euros en día festivo.
Non varía o prezo de 0,50 euros por maleta ou vulto. En cambio, os suplementos por bicicletas e por reserva de servizo pasan a custar 3,20 euros, 0,10 euros máis que en 2012. Finalmente, o servizo ao aeroporto pasa dos 20 aos 21 euros.
A Xunta de Goberno aproba as tarifas urbanas do servizo de taxis para 2013
29/11/2012 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a revisión das tarifas urbanas do servizo de taxis para 2013. A suba media é dun 3,56%, case a metade do solicitado inicialmente polos propios taxistas, cos que se chegou a un acordo neste sentido tras o estudo económico da proposta. As novas tarifas entrarán en vigor o 1 de xaneiro.
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, e o presidente da Asociación de Taxistas de Compostela, Jesús Pena, explicaron en rolda de prensa as novas tarifas. Segundo o edil, estas "adáptanse á situación actual" e son froito do acordo ao que se chegou cos representantes dos taxistas.A este colectivo agradeceulles a súa colaboración xa que, indicou, realizan "un gran esforzo". Neste sentido, explicou que os taxistas non repercutiran ata o momento a suba do IVE do 2%, polo que a suba media do 3,56% asume tamén este incremento do imposto.