XUNTA DE GOBERNO
Benestar Social
En materia de Benestar Social approbouse un convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago, cunha achega municipal de 7.300 euros. Grazas a este acordo poderase contar cun interprete nos actos organizados polo Concello, e este interprete tamén estará ao servizo das persoas que acudan á asociación para calquera consulta.
Ademais, deuse o visto bo ao uso gratuíto de dous pisos que estaban baleiros na rúa Roma. Estas vivendas serán ocupadas pola Asociación de Doenzas Cerebrais Santa Marta, que traballa como centro de día para atender a persoas con estas enfermidades, e outra pola Red Madre, que leva traballa con mulleres embarazadas sen recursos ou sen apoio familiar.
A voceira da Xunta de Goberno e concelleira de Benestar Social, Paula Prado, tamén deu conta da concesión pola Deputación da Coruña dunha subvención, por importe de 26.521 euros, para a execución dun proxecto de desenvolvemento do Pobo Xitano. O proxecto esta destinado a erradicar o chabolismo, facilitar a integración social desde grupo de persoas e loitar contra o abandono escolar a unha pronta idade. A edil lembrou que en Santiago non hai problemas de chabolismo, polo que o proxecto se centrará na integración social e escolar destas persoas.
No ámbito da mesma Concellería, pero dende a área de Emprego, solicítase unha subvención para o mantemento de dous axentes de emprego. O mantemento destes postos de traballo supón un gasto de 80.000 euros, dos cales a Consellería de Traballo e Benestar achegaría 28.017 euros e o resto o Concello.
Urbanismo
En Urbanismo e no capítulo de licenzas, salienta a de instalación dun ascensor na comunidade de propietarios da rúa San Pedro de Mezonzo, 14. Indicou a voceira da Xunta de Goberno que o Concello axuda ás comunidades de propietarios a tramitar a solicitude da subvención para este fin, para a cal achega un 70% o Ministerio e o resto a Xunta de Galicia. Tamén se está a tramitar a axuda un edificio en Ramón Cabanillas e outro mais en San Pedro de Mezonzo.
Tamén a proposta da edil de Urbanismo, aprobouse o pagamento dunha indemnización de 291.000 euros por inexecución de sentenza dun proxecto de reparcelación na Travesa dos Basquiños. Segundo explicou Paula Prado, a última actividade xudicial que se rexistrou con respecto a este caso foi en 2011 e, despois dun ano, o afectado solicitou que se executara a sentenza.
Cultura
Na mesma sesión deuse conta dun convenio asinado entre o Concello e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. O Ministerio de Cultura concédelle o Concello de Santiago unha subvención de 45.000 € para promocionar Santiago como cidade Patrimonio da Humanidade pero, mentres non chega esa subvención para que se poidan levar a cabo os actos previstos, o Grupo adianta os cartos, aclarou a voceira.
Limpeza edificios municipais
Finalmente, aprobouse o inicio do procedemento de contratación do servizo de limpeza dos edificios e dependencias do Concello de Santiago. O tipo de licitación é de 1.032.931 euros tanto para o ano 2013 como para o 2014. A principal novidade é que se incrementa o número de edificios que terán este servizo.
Máis de 100.000 euros para obras de mellora en vieiros do rural compostelán
31/10/2012 A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, aprobou as obras a desenvolver en varias parroquias do rural no marco do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Rural (PEIM), da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ademais, aprobouse a cesión de uso gratuíta de dous pisos á Asociación de Doenzas Cerebrais Santa Marta e a Red Madre.
As obras aprobadas no marco do PEIM suman un importe de 104.385 euros. Trátase de actuacións de mellora dos seguintes camiños: Roán – Lamascal – Ponte Vilar (San Xoán de Fecha), Santa Cristina de Nemenzo – Ponte Chaián (Nemenzo – Verdía), A Fontecova – Pk CP-0701 (Figueiras), Tras Igrexa (Villestro), Pardiñas de Abaixo (Laraño), Piñeiro – Cruce Eixo de Abaixo (O Eixo), O Sisto (Marrozos), Cañoteira – túnel ferroviario – Barreira (Marrozos), Gamás (Marrozos), A Lavacolla (Sabugueira), Marzo de Abaixo – Aradas (Grixoa – A Peregrina), Barciela – Km 1,83 AC-250 (A Barciela) e Neiro de Arriba – Igrexa de Busto (Busto).Benestar Social