XUVENTUDE
O curso realizarase os días 27 de novembro e 4 e 11 de decembro, en sesións de 17:00 a 21:00 horas, a celebrar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Está destinado a mozos e mozas a partir de 18 anos e a inscrición é de balde.
Outro dos ámbitos onde máis demandan formación os mozos composteláns é a fotografía. Nesta ocasión programouse para os días 22, 23, 29 e 30 de novembro un Curso de Fotografía Nocturna. Realizarase tamén no Ensanche, en horario de 18:00 a 21:00 horas. Poden participar gratuitamente mozos e mozas a partir de 12 anos.
No curso ensinaranse os aspectos técnicos necesarios para poder realizar fotografías nocturnas correctamente, o material básico a empregar e as técnicas de procesado especificamente axeitadas para lograr as mellores imaxes nocturnas. Tratarase a planificación de saídas fotográficas nocturnas e as distintas variables interesantes para unha boa fotografía de noite. A través do emprazamento en diferentes puntos da cidade, os alumnos, coas súas cámaras fotográficas, aprenderán a sacarlle o mellor partido posible aos recursos que ofrece a cidade de noite, tratando de obter un produto final de calidade.
Nadal
Xa no marco da programación do Nadal, a Concellería preparou tres obradoiros, o primeiro dos cales estará dedicado á animación con plastilina. O taller, impartido por Mr Misto Films, será unha iniciación a este mundo da stop motion. Os participantes desenvolverán as diferentes fases das que consta a preparación e dirección dunha curta de animación, ata crear finalmente un filme animado.
Este obradoiro, de 15 horas, impartirase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 18:00 a 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. Os participantes deben ter máis de 12 anos e a inscrición é de balde.
Nas datas de Nadal tamén se realizará o Taller de Artesanía de Xoias e Complementos, impartido polo artesán Alberto Vila. Consistirá na elaboración dunha serie de creacións de deseño moderno e actual. Empregando materiais asequibles como arame, telas ou feltro faranse xoias e complementos.
O taller, gratuíto, terá lugar o xoves 20 e o venres 21 de decembro, de 18:00 a 21:00 horas, tamén non Ensanche. Está destinado a mozos e mozas a partir de 12 anos.
Finalmente, a Concellería preparou un Taller de Cociña, Nadal entre amigos. Nesta actividade, os participantes atoparán un lugar onde aprender e experimentar na cociña, divertíndose e compartindo momentos e experiencias. Terán a súa disposición os ingredientes e utensilios necesarios para confeccionar as receitas propostas. Trátase de aprender a realizar un menú creativo moi acorde con estas datas festivas co que sorprender aos amigos.
Esta actividade realizarase o mércores 12 de decembro, de 19:00 a 21:30 horas, en Hello Cooking (rúa de Sar, 96 - baixo). Dirixido a mozos e mozas a partir de 12 anos, o obradoiro ten un custo de 20 euros.
Para participar nestas actividades formativas é necesaria unha inscrición previa a realizar no Departamento de Xuventude:
Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16)
Tel: 981 543 001 Fax: 981 543 002 E- mail:dptoxuventude@santiagodecompostela.gal
2013
Ademais, a Concellería de Xuventude prepara xa novas accións formativas para o ano 2013. Así, está previstos, entre outras actividades, un Curso de Monitor de Tempo Libre e un taller de cociña máis extenso, de técnicas básicas ou avanzadas e con monográficos sobre diferentes temáticas.
Xuventude programa novas accións formativas en novembro e decembro
31/10/2012 O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou a proposta de actividades do Departamento para os meses de novembro e decembro. Incluíronse accións formativas en materias como o coaching laboral ou a fotografía e un programa de obradoiros enmarcados especialmente no Nadal.
Unha das actividades será o Curso de Formación en Coaching Laboral, que pretende ser unha grande oportunidade para todas aquelas persoas que perderon o seu posto de traballo, a motivación no profesional ou que queren acceder por primeira vez a un entorno laboral. Trátase de dar apoio, soporte e guía no proceso de xeito individualizado e grupal en varias sesións, nas que se analizará a situación e inquedanzas laborais dos alumnos e nas que se realizará unha orientación grupal nas técnicas de busca de emprego.O curso realizarase os días 27 de novembro e 4 e 11 de decembro, en sesións de 17:00 a 21:00 horas, a celebrar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Está destinado a mozos e mozas a partir de 18 anos e a inscrición é de balde.