ALCALDÍA
Na reunión falouse de temas como saneamento, estacionamento, rotulación de rúas ou problemas de accesibilidade nalgúns bloques de vivendas.
Ademais do alcalde, participaron na xuntanza os concelleiros de Barrios, Juan de la Fuente; de Alumeado Público e Abastecemento e Saneamento, Luis Bello; de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Mobilidade, Albino Vázquez.
O alcalde escoitou as demandas dos veciños do barrio de Guadalupe
31/10/2012 O alcalde compostelán recibiu a Asociación de Veciños A Ponderosa, de Guadalupe. Os representantes veciñais expuxéronlle a Ángel Currás, as demandas máis urxentes para o barrio.
Esta era a primeira reunión que a asociación veciñal de Guadalupe mantiña co alcalde dende a toma de posesión deste. Así, Ángel Currás puido coñecer de primeira man os principais problemas dun barrio que, recoñeceu, "levaba moitos anos abandonado". De feito, o concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, tamén presente na reunión, indicara recentemente que o barrio precisa "unha intervención integral", valorada nuns 440.000 euros, que se irá realizando progresivamente e segundo as dispoñibilidades orzamentarias.Na reunión falouse de temas como saneamento, estacionamento, rotulación de rúas ou problemas de accesibilidade nalgúns bloques de vivendas.