PLENO
Os contribuíntes poderán deste xeito fraccionar o pago ata en tres meses, establecéndose tres datas de pago: 5 de maio, 5 de agosto e 5 de novembro. A decisión de dividir o ingreso é voluntaria e o contribuínte deberá comunicalo. Tal como indica a disposición transitoria da ordenanza fiscal, para acollerse ao sistema de pago fraccionado, o contribuínte terá de prazo para solicitalo ata o 28 de febreiro. Cómpre lembrar que agora o prazo de pago está fixado entre o 20 de setembro e o 20 de novembro.
Para poder acollerse a esta modalidade aprazada, os contribuíntes deben ter os seus recibos domiciliados. Ademais, no momento de aprobación do correspondente padrón non poden ter pendentes débedas en vía executiva co Concello de Santiago. Se o cidadán opta por esta opción de aprazamento, esta aplicarase a todos os recibos do IBI que teña.
Máis seguridade xurídica e cambios técnicos
As novas ordenanzas fiscais conteñen tamén algunha modificación técnica (por exemplo, en plusvalías) e a homexeneización das relativas á Ordenanza de ocupación da vía pública. Os cambios permitirán contemplar supostos ata agora non previstos e, sobre todo, ofrecer seguridade xurídica aos cidadáns.
En canto a outras ordenanzas, as principais novidades teñen que ver coa que afecta á ORA, como consecuencia do cambio na concesión do servizo, e coa de prezos públicos das instalacións deportivas municipais, incorporando os novos recintos postos en funcionamento.
As ordenanzas fiscais para 2013 foron aprobadas co voto favorable do Grupo de Goberno e o pronunciamento negativo de PSdeG-PSOE e BNG. Agora serán sometidas ao período de alegacións. Logo deste volverán ao Pleno para a súa aprobación definitiva.
O Pleno aproba inicialmente a conxelación dos tributos municipais para o ano 2013 e o pago do IBI en tres prazos
31/10/2012 O Pleno municipal aprobou nunha sesión extraordinaria as ordenanzas fiscais para o exercicio 2013. A principal característica destes tributos é que permanecerán conxelados un ano máis e a nova posibilidade do fraccionamento do pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ata en tres prazos.
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, explicou na súa intervención que esta conxelación obedece ao compromiso cos cidadáns de Santiago nestes momentos de crise económica. A esta conxuntura responde tamén a decisión de fraccionar o pago do IBI, unha medida que tamén beneficiará a provedores e á propia Administración xa que, ao repartir a recadación ao longo do ano, se poderán manter os pagos con maior constancia.Os contribuíntes poderán deste xeito fraccionar o pago ata en tres meses, establecéndose tres datas de pago: 5 de maio, 5 de agosto e 5 de novembro. A decisión de dividir o ingreso é voluntaria e o contribuínte deberá comunicalo. Tal como indica a disposición transitoria da ordenanza fiscal, para acollerse ao sistema de pago fraccionado, o contribuínte terá de prazo para solicitalo ata o 28 de febreiro. Cómpre lembrar que agora o prazo de pago está fixado entre o 20 de setembro e o 20 de novembro.