ECONOMÍA
As auditorías de impacto queren ofrecerlle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicativos e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Deste xeito, os propietarios de pequenas empresas como aloxamentos turísticos, restaurantes, empresas de servizos, terán capacidade para identificar se teñen unha presenza eficaz en Internet e, no caso de que non sexa así, saber como mellorala.
No seminario tamén se tratará a comercialización en Internet, mostrando os conceptos básicos que calquera empresa debe ter presentes se quere aproveitar os recursos que ofrece a Rede. Tamén se coñecerán as distintas ferramentas de internet para a súa promoción, así como novos modelos de venda en liña e os principios fundamentais a ter en conta para vender.
O seminario será impartido por dous expertos nas TIC: Daniel Cerqueiro, director da empresa Galinus Taller de Novos Medios e especialista en marketing on line, as redes sociais e as ferramentas 2.0; e Manuel Pan, consultor en Comercio e TIC, quen ten realizado traballos de asesoramento para Turgalicia, Xunta de Galicia, asociacións empresariais, centros comerciais abertos, FEGATUR, Celuisma Hoteis, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, deputacións e diversos concellos e empresas.
O Seminario terá tres edicións diferenciadas, os días 13, 14 e 15 de novembro. Para cada unha das xornadas haberá 20 prazas dispoñibles. As días 13 e 15 celebraranse no CERSIA. A primeira estará dirixida a comercios e a segunda a empresas de servizos. A do día 14 será na Asociación Hostalería Compostela, e dirixirase especialmente aos seus asociados. A inscrición pode facerse en www.cersiaempresa.org.
Na edición 2012 do programa Santiago Investors Support colaboran diferentes entidades empresariais con presenza na cidade: Asociación de Xoves Empresarios AJE; Asociación Área Empresarial do Tambre; Asociación Hostalería Compostela; Cámara de Comercio de Santiago; Asociación de Autónomos de Galicia, UPTA; GDR Terras de Compostela; CCA Compostela Monumental; Fundación Santiago Centro; Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTES; e Mercado de Abastos de Santiago.
O Concello organiza un seminario para medir o impacto da presenza en Internet das empresas de servizos
30/10/2012 A concelleira de Economía, Reyes Leis, acompañada do presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, e do consultor especialista nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Manuel Pan, presentaron Impactic, un seminario sobre auditorías de impacto da presenza en Internet, que se desenvolverá no CERSIA e na Asociación Hostalería Compostela.
A Concellería de Economía organiza Impactic dentro do Santiago Investors Support a partires das suxestións da Asociación Hostalería Compostela. Nas reunións previas ao deseño do programa formativo anual, a Asociación amosou o seu interese nas accións formativas no ámbito de Internet, e así xa se desenvolveu no mes de marzo un par de seminarios sobre reputación electrónica dirixidos a restaurantes e hoteis.As auditorías de impacto queren ofrecerlle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicativos e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Deste xeito, os propietarios de pequenas empresas como aloxamentos turísticos, restaurantes, empresas de servizos, terán capacidade para identificar se teñen unha presenza eficaz en Internet e, no caso de que non sexa así, saber como mellorala.