EDUCACIÓN
A través da sinatura deste convenio, que ten unha duración dun ano, o departamento de Educación e Mocidade comprométese a manter un servizo de información xuvenil sobre o programa "Xuventude", do que formaría parte unha oficina creada para esta función nos locais da Escola de Tempo libre Don Bosco. Ademais, acollerá a persoas para realizar tarefas de voluntariado, coordinará o programa dunha campaña informativa e apoiará o desenvolvemento de diversas actividades, entre outras labores.
Pola súa banda, a Escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco será a responsábel de manter un servizo de atención ao público nos locais do centro, coordinar programas de acollida, tarefas administrativas, aloxamento, manutención e formación lingüística dos voluntarios, etcétera.
O Concello de Santiago achega un orzamento de 7.500 euros, 3.500 euros á sinatura deste convenio, e 4.000 á entrega da memoria final do ano elaborada pola Escola. Pola súa parte, a Escola de tempo libre Don Bosco achega uns 9.000 euros.
O Concello renova o convenio de colaboración coa Escola Don Bosco
29/03/2005 A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director da Escola de Tempo Libre e Animación sociocultural Don Bosco, Francisco Rodríguez, asinaron a renovación dun convenio de colaboración para participar no proxecto Servizo Local de Accións do Programa Europeo "Xuventude" durante o ano 2005.
O convenio ten como obxectivos difundir o programa europeo "Xuventude" entre a mocidade compostelá, asesorar a colectivos xuvenís para a realización de intercambios, coordinar o envío de mozos e mozas composteláns dentro do programa do Servizo Voluntario Europeo e coordinar a acollida de voluntarios europeos na nosa cidade.A través da sinatura deste convenio, que ten unha duración dun ano, o departamento de Educación e Mocidade comprométese a manter un servizo de información xuvenil sobre o programa "Xuventude", do que formaría parte unha oficina creada para esta función nos locais da Escola de Tempo libre Don Bosco. Ademais, acollerá a persoas para realizar tarefas de voluntariado, coordinará o programa dunha campaña informativa e apoiará o desenvolvemento de diversas actividades, entre outras labores.