CULTURA
O cartel do ciclo está cheo de cantantes de sona no panorama da lírica internacional. Ao longo destes doce anos pasaron polo Teatro Principal figuras e especialistas de recoñecido prestixio como Angelika Kirchschlager, John Mark Ainsley, Camilla Tilling, Mark Padmore, Bernarda Fink, Thomas Allen, François Le Roux, Monica Groop, Sarah Walker, Robert Hall, Measha Brueggergosman, Werner Güra, Sandrine Piau, etc. Peza angular desta programación é un dos grandes e máis recoñecidos especialistas no xénero, o pianista inglés Roger Vignoles, que é codirector artístico do Ciclo de Lied compostelán.
Pon o broche de ouro a esta edición o concerto con Christoph Prégardien o sábado 29 de setembro. Nel escoitaremos as seis versións musicadas de Heine por Mendelssohn; as seis versións de Schulze musicadas por Schubert; unha serie de cancións de Brahms; e finaliza con cinco cancións características de Gustav Mahler.
O seu preciso control vocal, clara dicción, intelixente musicalidade e capacidade de chegar ao corazón aseguran a Christoph Prégardien un lugar entre os tenores líricos máis importantes do mundo. Especialmente respectado como cantante de lied, esta temporada actuará no Wigmore Hall de Londres, Singel de Amberes, Rudolfinum de Praga, Atenas Megaron, Philharmonie de Berlín, Konzerthaus de Viena, Concertgebouw de Amsterdam e Tonhalle de Zürich . Como convidado habitual, volverá a festivais como o de Edimburgo, Schubertiade Schwarzenberg , Schwetzingen SWR, Rheinvokal e Verbier. Na primavera de 2012, nun novo reto, dirixiu A Paixón segundo San Xoán na xira por Europa con Le Concert Lorrain e o Nederlands Kamerkoor.
Aparece regularmente con recoñecidas orquestras de todo o mundo como as Filharmónicas de Berlín e Viena, Bavarian Radio Symphony, Amsterdam Concertgebouw, Staatskapelle Dresden, Gewandhausorchester Leipzig, Nacional de España, London Philharmonia e Philharmonie de Radio France, ademais das Sinfónicas de Boston, St. Louis, Montreal e San Francisco. O seu extenso repertorio orquestral inclúe barroco, clásico, romántico, oratorio e paixóns así como obras que van do século XVII (Monteverdi, Purcell, Schütz) ata o XX (Britten, Killmayer, Rihm, Strawinsky). Colaborou con directores como Barenboim, Chailly, Gardiner, Harnoncourt, Herreweghe, Luisi, Metzmacher, Nagano, Sawallisch e Thielemann. En ópera, os seus papeis inclúen Tamino (A frauta máxica de Mozart), Almaviva (O barbeiro de Sevilla de Rossini), Fenton (Falstaff de Verdi), Don Ottavio (Don Giovanni de Mozart) e os roles protagonistas de A clemencia de Tito, de Mozart, e O retorno de Ulises á patria, de Monteverdi.
A maior parte do repertorio de Prégardien foi gravado polos selos BMG, EMI, DG, Philips, Sony, Erato e Teldec. A súa discografía contén máis de 130 títulos, moitos dos cales foron premiados internacionalmente, e as súas famosas gravacións das cancións románticas alemanas gañaron o Orphée d’Or da Académie du Disque Lyrique, e tamén o Prix Georg Solti, o Premio da Crítica Alemana, Edison Award, Cannes Classical Award e o Diapason d’Or, por citar algúns.
Recentemente asinou unha colaboración a longo prazo co selo holandés Challenge Classics; a súa primeira gravación, A bela muiñeira de Schubert (acompañado por Michael Gees), e O canto do cisne de Schubert (con Andreas Staier) foron editados en 2008. A bela muiñeira foi eloxiado como "Mellor do ano" en Gramophone e no MIDEM 2009, recoñecido como "Gravación e Recital de Voz do Ano". Posteriormente o selo editou unha gravación de cancións de Schubert, Mahler, Wolf e Loewe, entre outros, titulada Between Life and Death (de novo con M. Gees ao piano) e as Cancións italianas de Hugo Wolf coa soprano Julia Kleiter e o pianista Hilko Dumno. En setembro de 2011, o novo álbum èm]Wanderer<7em> presentou versións para conxunto de cámara, xunto ao Ensemble Kontraste, con cancións de Schumann, Killmayer e Mahler.
O ensino segue a ser unha parte moi importante da súa vida musical. Desde 2000 a 2004 deu clases na Hochschule für Musik und Theater en Zürich, e desde 2004 foi profesor na Academia de Música en Colonia. Como parte das " Clases maxistrais Schott", publicou un anovador libro/D VD multi-media sobre técnica vocal e interpretación musical.
Entradas
As entradas para este concerto poden mercarse en entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 43 44 43, así como na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas. O prezo é de 8 euros para as entradas soltas. O concerto de Prégardien chega despois de que xa puideramos ter gozado de o barítono Roderick Williams e da soprano Asmik Grigorian.
Christoph Prégardien, protagonista do concerto de clausura do XIII Ciclo de Lied
28/09/2012 O sábado 29 clausúrase o XIII Ciclo de Lied cun concerto do tenor Christoph Prégardien acompañado ao piano por Roger Vignoles. Será a partir das 21:00 horas no Teatro Principal.
Dende o ano 1999, o Concello de Santiago e a Asociación Galega de Lírica presentan en setembro en Santiago de Compostela este Ciclo de Lied, único en Galicia e mesmo en España, que se caracteriza pola orixinalidade á hora de presentar cada ano unha visión diferente do escasamente difundido xénero musical do lied e a canción de cámara. Nesta edición, a XIII, o tema é !Amor sen fin. Johannes Brahms e outros…".O cartel do ciclo está cheo de cantantes de sona no panorama da lírica internacional. Ao longo destes doce anos pasaron polo Teatro Principal figuras e especialistas de recoñecido prestixio como Angelika Kirchschlager, John Mark Ainsley, Camilla Tilling, Mark Padmore, Bernarda Fink, Thomas Allen, François Le Roux, Monica Groop, Sarah Walker, Robert Hall, Measha Brueggergosman, Werner Güra, Sandrine Piau, etc. Peza angular desta programación é un dos grandes e máis recoñecidos especialistas no xénero, o pianista inglés Roger Vignoles, que é codirector artístico do Ciclo de Lied compostelán.