MEDIO AMBIENTE
Estas actuacións estarán acompañadas dunhas sondaxes das que se extraerán datos sobre o estado real dos residuos depositados no vertedoiro e tamén das augas das capas freáticas. Así, as conclusións extraídas servirán para realizar os primeiros traballos cara a elaboración dun proxecto de selado definitivo do vertedoiro. A edil agarda que a finais de ano se poida xa dispoñer dos resultados das análises.
O Concello e Urbaser xa veñen traballando de cara a este selado futuro, cuxo custo estimado sería de 1,2 millóns de euros, resultado de selar os 40.000 metros cadrados de superficie do vertedoiro a razón de 40 euros/metro cadrado.
Esta actuación pretende evitar que se produzan novos vertidos en Aríns, pero, en calquera caso, lembrou María Castelao que se teñen aberto ata 10 expedientes sancionadores, dende abril ata hoxe, por vertidos ilegais na zona. As sancións por estas infraccións oscilan entre os 600 e os 3.000 euros.
Acométese o valado do vertedoiro de Aríns e a análise dos seus residuos e escorrentías
28/09/2012 A concelleira Medio Ambiente, María Castelao, deu conta da aprobación das obras que a empresa Vertresa, filial de Urbaser, realizará no clausurado vertedoiro de Aríns. A empresa concesionaria investirá 100.000 euros nunha actuación destinada a impedir o acceso ao vertedoiro de toda persoa allea ao mesmo e a determinar a situación real dos residuos alí existentes e a súa incidencia sobre solo e augas.
Os traballos, baixo o control dos técnicos municipais, permitirán a construción dunha franxa perimetral no vertedoiro de Aríns, co fin de recoller as augas de escorrentía. Ademais, levantarase un valado co obxectivo de impedir o acceso ao vertedoiro a calquera persoa allea ao mesmo.Estas actuacións estarán acompañadas dunhas sondaxes das que se extraerán datos sobre o estado real dos residuos depositados no vertedoiro e tamén das augas das capas freáticas. Así, as conclusións extraídas servirán para realizar os primeiros traballos cara a elaboración dun proxecto de selado definitivo do vertedoiro. A edil agarda que a finais de ano se poida xa dispoñer dos resultados das análises.