ALCALDÍA
Son preto 870 metros cadrados de xardín, aos que hai que sumar 525 do acceso ao mesmo. Estará aberto, en inverno, de 9:00 a 18:30 horas e, en verán, de 9:00 a 21:00 horas. O Concello farase cargo da vixilancia e da apertura e peche das portas, e do mantemento ocuparase CESPA, a concesionaria da conservación dos espazos verdes da cidade.
Este acordo terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013 e poderá prorrogarse cada ano se tres meses antes do seu vencemento non renuncian ao mesmo calquera das partes asinantes.
O Concello recupera o xardín do Pazo de Amarante para o uso cidadán
28/09/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Amarante. O Concello faise cargo da vixilancia e conservación deste espazo, agora recuperado para os cidadáns.
Tras a sinatura do acordo, o alcalde manifestou a súa satisfacción por recuperar este espazo "único e pouco coñecido" para os cidadáns de Santiago. En especial, destacou o seu interese medioambiental nunha zona como o casco histórico na que non hai moitos espazos verdes.Son preto 870 metros cadrados de xardín, aos que hai que sumar 525 do acceso ao mesmo. Estará aberto, en inverno, de 9:00 a 18:30 horas e, en verán, de 9:00 a 21:00 horas. O Concello farase cargo da vixilancia e da apertura e peche das portas, e do mantemento ocuparase CESPA, a concesionaria da conservación dos espazos verdes da cidade.
Este acordo terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013 e poderá prorrogarse cada ano se tres meses antes do seu vencemento non renuncian ao mesmo calquera das partes asinantes.