URBANISMO
Cómpre lembrar que quedan excluídas desta delegación as intervencións en Bens de Interese Cultural (BIC), as licenzas solicitadas nas contornas destes BIC e as que afecten ao Hospital Clínico Universitario de Galeras.
O Concello dará conta cada seis meses da licenzas tramitadas ao amparo da delegación, que se outorga por un prazo inicial de dez anos prorrogables de mutuo acordo.
]Mellora da mobilidade en Vista Alegre
Por outra parte, María Pardo deu conta do proxecto de mellora da mobilidade e da accesibilidade no barrio de Vista Alegre, unha vez que na Xunta de Goberno se iniciou o expediente para contratar a redacción do proxecto, por un importe de 108.877 euros. Este proxecto, incluído no programa Urbana Santiago Norte, é complementario ao da Área de Rehabilitación Integral (ARI) e pretende a supresión das barreiras arquitectónicas deste ámbito. Así, reurbanizaranse as rúas mediante a ordenación do tráfico, a apertura de rúas peonís e a canalización de novos servizos e doutros xa existes que na actualidade son exteriores, como o da electricidade.
A intervención centrarase na mellora da accesibilidade e na reordenación dos espazos, incluíndo a eliminación das terrazas privadas. Tamén se renovarán instalacións, pavimentos e mobiliario urbano. Optarase por solucións que primen o peón fronte aos vehículos.
Ademais, vaise contemplar o estudo, a nivel de anteproxecto, da posible reurbanización da totalidade do barrio de Vista Alegre, co gallo de asegurar as solucións urbanísticas que se adopten coas que se poidan tomar no futuro para outras zonas. O orzamento da totalidade das obras estímase en 1.234.382 euros. A intervención podería comezar na primavera de 2013 e desenvolverse neste ano e en 2014.
Esta intervención forma parte do Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O Goberno autonómico aproba a delegación no Concello das competencias para autorizar obras no ámbito do perímetro azul
27/09/2012 O Consello da Xunta aprobou mediante decreto a delegación no Concello de Santiago das competencias para autorizar obras no ámbito do chamado perímetro azul. Estas autorizacións eran ata agora emitidas pola Dirección Xeral de Patrimonio, o que se traducía en demoras de entre dous e tres meses nos expedientes das licenzas.
A concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, María Pardo, anunciou en rolda de prensa esta aprobación, que permitirá axilizar a tramitación deste tipo de expedientes urbanísticos. O Concello de Santiago convértese no único en ter unha delegación desta índole, o que supón "un recoñecemento á singularidade de Santiago e ao respecto polo noso patrimonio histórico", en palabras da edil. A Comisión Asesora do Casco Histórico exercerá materialmente a devandita delegación.Cómpre lembrar que quedan excluídas desta delegación as intervencións en Bens de Interese Cultural (BIC), as licenzas solicitadas nas contornas destes BIC e as que afecten ao Hospital Clínico Universitario de Galeras.