MEDIO RURAL

Obras de reforzo do firme e de acondicionamento da calzada en San Marcos

30/08/2012 O concelleiro de Medio Rural, Luis García Bello visitou as obras de reforzo do firme que se están a executar en San Marcos, acompañado por veciños da zona e técnicos municipais.

O pasado 14 de maio e a proposta do concelleiro de Medio Rural, a Xunta de Goberno Local aprobara para San Marcos unha obra complementaria do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2011). Este proxecto contempla fundamentalmente o reforzo do firme existente, estendendo unha nova capa de rodadura.
Esta actuación, que afecta a un total de 458 metros, pretende mellorar tanto o firme da calzada existente, cun fresado de 3 centímetros e a reposición con capa asfáltica, como a limpeza da maleza e dos restos existente nos bordes da calzada que ocultaban os lastros por onde circulaban os peregrinos e veciños do lugar. Tamén se está a proceder a poñer en cota as tapas e sumidoiros da zona, á colocación de marcos que estaban soltos e á revisión de zonas da calzada deterioradas.

O custo destes traballos é de 93.376 euros e a actuación servirá para por en valor a zona, que é tramo final do Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo.

Compartir: