DEPORTES
"Non só é un evento deportivo de primeiro nivel, senón tamén un vehículo de promoción importantísimo", indicou o rexedor municipal a propósito da Volta. Neste sentido, o presidente provincial apuntou que cada etapa é retransmitida en directo 145 países do mundo. É pois, en palabras do alcalde, unha oportunidade máis para que "as imaxes da arquitectura histórica e contemporánea de Santiago traspasen fronteiras".
A Volta tamén ten unha repercusión económica, que Ángel Currás agradeceu na actual conxuntura. Sobre este extremo, Diego Calvo dixo que "hai un retorno cuantificado de 560.000 euros por etapa. Finalmente, o alcalde trazou un paralelismo entre a competición ciclista e o Camiño de Santiago, cualificándoos de itinerarios de "esforzo, superación, entrega e sacrificio".
Pola súa parte, o presidente da Deputación valorou tamén o que un evento coma este supón de "traballo polo deporte", xa que "o ciclismo é un dos poucos deportes de elite ao que os afeccionados se poden achegar de forma gratuíta".
Saída na praza do Obradoiro e atraccións na Alameda
De achegar os detalles da etapa con saída en Santiago encargouse o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recordando que os corredores sairán da praza do Obradoiro, de modo neutralizado, ás 13:20 horas, percorrendo varias rúas do Casco Histórico. A saída lanzada producirase ás 13:30 horas con destino a Ferrol, a onde os corredores chegarán tras percorrer case 173 quilómetros.
O concelleiro convidou a composteláns e turistas a presenciar a saída, pero tamén a achegarse ata a praza do Obradoiro para convivir cos ciclistas e coñecer todo o operativo da Volta. Así, os corredores irán chegando á praza para o control de firmas en torno ás 11:00 horas.
Tamén convidou os cidadáns a acudir ata o Paseo Central e o Paseo dos Leóns da Alameda o xoves 30. Alí, entre as 17:30 e as 21:00 horas, estará instalado o Parque Volta, con diferentes atraccións.
Restricións de tráfico
A etapa da Volta partirá da praza do Obradoiro, co seguinte itinerario: Fonseca, Praterías, rúa do Vilar, Porta Faxeira, Campo da Estrela, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, Camiño Novo, avenida Mestre Mateo, avenida Victoria Míguez e rotonda de Vidán, seguindo pola estrada AC-543 en dirección a Bertamiráns - Ames. A saída será neutralizada ata o quilómetro 0,5 da AC-543 (rotonda de Brandía).
Por este motivo, a avenida Xoán XXIII (dende o Cruce do Burgo), a rúa San Francisco, a costa de San Francisco, a rúa Castiñeiros e a rúa Costa Nova quedarán pechadas ao tráfico cando menos dúas horas antes da saída. Ademais, sobre as 13:00 horas, pecharase ao trafico o itinerario urbano antes mencionado, coas seguintes modificacións no tráfico:
• O tráfico que circula pola rúa Rosalía de Castro, procedente de Pontevedra, no cruce do Camiño Novo será desviado cara á avenida Romero Donallo
• O tráfico que circule pola avenida Torrente Ballester e pola rúa da Choupana cara a avenida Filgueira Valverde (dirección Noia), será desviado na Volta do Castro cara O Milladoiro, para tomar a AG-56 Santiago – Brión.
• O tráfico procedente de Santa Comba – Carballo pola AC-404 será desviado en Vista Alegre cara a avenida de Castelao.
Quedará prohibido o estacionamento na rúa Carretas dende as 22:00 horas do día 30 ata as 14:00 horas do 31.
Santiago de Compostela volve ser saída da Volta a España 27 anos despois
29/08/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentaron a décimo terceira etapa da Volta a España, que sairá de Santiago o venres 31 con destino a Ferrol. Esta será a décima ocasión na que a proba ciclista terá chegada ou saída na cidade o longo da súa historia. A última vez que Santiago acolleu un inicio de etapa foi en 1985.
Ángel Currás agradeceu a Diego Calvo o "esforzo" por traer a Volta á provincia da Coruña, e máis en particular a Santiago, recuperando para a cidade un evento que xa resultou exitoso en anteriores ocasións. Así, o alcalde lembrou aquel chuvioso paso da Volta por Santiago no Ano Santo de 1993, gañada finalmente polo suízo Alex Zulle. Ademais, felicitouse polo feito de que a etapa una Santiago e Ferrol, que non tiña acontecido anteriormente."Non só é un evento deportivo de primeiro nivel, senón tamén un vehículo de promoción importantísimo", indicou o rexedor municipal a propósito da Volta. Neste sentido, o presidente provincial apuntou que cada etapa é retransmitida en directo 145 países do mundo. É pois, en palabras do alcalde, unha oportunidade máis para que "as imaxes da arquitectura histórica e contemporánea de Santiago traspasen fronteiras".