BENESTAR SOCIAL
Así, repartíronse máis de 500 botellas de 0,33 litros de auga, así como un impreso con recomendacións xerais sobre a importancia de manter un bo nivel de hidratación e de cómo logralo. Fíxose especial fincapé nos requirimentos mínimos de hidratación e na inxestión de bebidas que poidan ser necesarias para as persoas maiores, así como uns indicadores que lles sexan útiles para recoñecer os síntomas asociados aos procesos de deshidratación e deste xeito previr a súa incidencia neste grupo de poboación.
Tal e como indicaron os expertos do Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS, máis do 60% dos maiores de 50 anos recoñece que se hidrata de xeito insuficiente, ao non inxerir o mínimo recomendado. De aí a importancia da prevención dos estados de deshidratación nas persoas maiores, especialmente nestas datas de verán.
Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A campaña "Hidráta-T" amosa aos maiores os beneficios dunha boa hidratación
28/08/2012 A concelleira de Benestar, Paula Prado, visitou a residencia sociocomunitaria e centro de día da Porta do Camiño no marco da campaña Hidráta-T, unha acción tomada dende o Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte e que busca a prevención de problemas de deshidratación en persoas maiores, e que con accións como esta busca sensibilizar sobre a importancia de beber auga de xeito habitual.
Paula Prado indicou que esta residencia é "un bo punto de encontro" para entregarlle unha botella de auga a todos os maiores de 65 anos e informalos sobre os beneficios para a saúde e de mellora para a calidade de vida que supón beber dous litros de auga ó día.Así, repartíronse máis de 500 botellas de 0,33 litros de auga, así como un impreso con recomendacións xerais sobre a importancia de manter un bo nivel de hidratación e de cómo logralo. Fíxose especial fincapé nos requirimentos mínimos de hidratación e na inxestión de bebidas que poidan ser necesarias para as persoas maiores, así como uns indicadores que lles sexan útiles para recoñecer os síntomas asociados aos procesos de deshidratación e deste xeito previr a súa incidencia neste grupo de poboación.