CONSORCIO
A exposición serve ademais para aproximarse á realizade arquitectónica da Catedral de Santiago, coa súa evolución ao longo dos séculos e coas intervencións dos diferentes arquitectos, para o que se recuperou a maqueta de 25 metros cadrados de superficie realizada a escala 1:25 polo Xacobeo e que foi exhibida na Expo de Sevilla de 1992.
A mostra complétase na súa última parte cunha reflexión sobre o Santiago de hoxe. Unha cidade cun dos conxuntos históricos mellor conservados do mundo e que desenvolveu un urbanismo exemplar e respectuoso con medio ambiente.
De forma complementaria, unha das salas do museo acolle unha pequena creación videográfica de Gabriel Díaz titulada Paso a paso, organizada polo actual equipo do Museo das Peregrinacións.
O horario da exposición que acolle o novo edificio, deseñado polo arquitecto Manuel Gallego, é de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns permanecerá pechado.
Máis de 5.000 persoas xa visitaron a exposición "Compostella dicitur" na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago
31/07/2012 Xusto cando se cumpre unha semana dende a súa apertura ao público, máis de 5.000 persoas xa se aproximaron ata a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago que aloxa a exposición inaugural Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Por procedencias, o 40% dos visitantes foron persoas do propio municipio de Santiago. Do resto de Galicia foi un 13% e do resto de España un 22%. Os demais visitantes proceden na súa maioría de países europeos, algo máis dun 15%, e doutros países (destacan neste sentido os procedentes de Sudamérica e Estados Unidos), que representan un 9%.
Compostella dicitur recrea a Santiago do século XIII, a partir de aplicacións interactivas e de reconstrucións virtuais que permiten coñecer o aspecto e a evolución posterior da cidade. Unha aplicación informática permite viaxar no tempo e acompañar a un peregrino no seu percorrido pola Compostela medieval. Ademais, dúas pantallas xigantes recrean o aspecto da Catedral románica, tal e como a viron os que a coñeceron tras a súa consagración en 1211. Por último, unha maqueta de máis de 20 metros cadrados reconstrúe a fisionomía do Santiago do século XIII, coa Catedral románica en todo o seu esplendor, as igrexas e conventos, as portas e a muralla. Para a súa realización seguíronse as descricións que da cidade e da Catedral fai o Códice Calixtino.A exposición serve ademais para aproximarse á realizade arquitectónica da Catedral de Santiago, coa súa evolución ao longo dos séculos e coas intervencións dos diferentes arquitectos, para o que se recuperou a maqueta de 25 metros cadrados de superficie realizada a escala 1:25 polo Xacobeo e que foi exhibida na Expo de Sevilla de 1992.