EDUCACIÓN
Tal e como salientou a edil, o balance que dende o Concello de Santiago se fai do desenvolvemento e acollida deste programa é "positivo", xa que se ofreceu unha alternativa de conciliación cun verán cheo de actividades lúdicas dende as 7:45 ás 15:30 horas, coa vista posta en que "as familias poidan compatibilizar os seus horarios", sinalou.
Ademais, Rebeca Domínguez tamén se referiu ao "bo ambiente" que se viviu nas actividades cos nenos e nenas dos CEIP Fontiñas, CEIP Raíña Fabiola e CEIP Ramón Cabanillas, feito do que deu boa mostra o acto de clausura, cos cativos convertidos en pequenos científicos e actores.
Os participantes das Escolas de Verán 2012 tiveron a oportunidade de converterse en pequenos científicos grazas a unha serie de actividades en torno ao medio ambiente, a bioloxía, os inventos ou a astronomía. Precisamente, esta foi unha das áreas que máis éxito obtivo grazas á instalación dun planetario, que lle permitiu aos rapaces e rapazas resolver algunhas das súas dúbidas relacionadas co espazo exterior.
Ademais, as Escolas de Verán 2012 trouxeron outras propostas, como os obradoiros de cociña, xogos tradicionais, ou tamén de auga, nas piscinas instaladas en cada un dos centros educativos da cidade que acolleron esta iniciativa.
As Escolas de Verán foron clausuradas cunha xornada lúdica no pavillón do Restollal
31/07/2012 O programa de conciliación familiar Escolas de Verán 2012 foi clausurado cunha xornada lúdica no pavillón polideportivo do Restollal. Alí déronse cita os participantes desta iniciativa, que durante o mes de xullo atendeu as necesidades de conciliación das familias dos 225 nenos e nenas da cidade dende o segundo ciclo de Educación Infantil ao terceiro ciclo de Educación Primaria.
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, foi a encargada de abrir este acto, onde os máis pequenos, acompañados das súas familias, fixeron unha demostración de todo o que coñeceron e descubriron nas actividades programadas na Escola de Verán 2012, que facían un especial fincapé en combinar propostas de ocio e educativas a un tempo.Tal e como salientou a edil, o balance que dende o Concello de Santiago se fai do desenvolvemento e acollida deste programa é "positivo", xa que se ofreceu unha alternativa de conciliación cun verán cheo de actividades lúdicas dende as 7:45 ás 15:30 horas, coa vista posta en que "as familias poidan compatibilizar os seus horarios", sinalou.