MANCOMUNIDADE
A sinatura do convenio abre a axenda do alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade de Santiago en terras arxentinas o sábado 29. Posteriormente, visitará a caseta da Xunta de Galicia na Feira do Libro e manterá un encontro cos veciños santiagueses residentes en Bos Aires. Nesta provincia residen uns 2.000 veciños composteláns, unha cifra que segue a medrar pola recuperación da nacionalidade de moitos deles nos últimos anos.
O encontro terá lugar na Casa de Vedra, lugar que o luns 1 de maio acollerá outra reunión, desta volta cos veciños da Mancomunidade compostelana, que na provincia bonaerense alcanzan a cifra de 6.000. Ademais da concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, acompañan a Sánchez Bugallo nesta viaxe os alcaldes de Ames, Carlos Fernández; e o de Brión, José Luis García.
Axuda ao transporte escolar
A axenda do martes 2 de maio abrirase coa sinatura doutro convenio, esta vez da Mancomunidade da Comarca de Compostela coa Fundación Galicia-América, para financiar o transporte a estudantes do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires e o amoblamento dunha aula de nivel medio. A contía achegada é de 6.000 euros.
A este centro escolar, que imparte unha ensinanza bicultura galego-arxentina, acoden numerosos descendentes de galegos, moitos deles sen recursos económicos. Isto fai que, debido ás longas distancias, moitas familias non poidan sufragar estes custos e os nenos non asistan ás clases.
O mesmo 2 de maio, a delegación desprazarase ata Uruguai, onde ademais do convenio coa Fundación Españois do Mundo, o alcalde asinará, ao día seguinte, outro co Fogar Español de Montevideo. Este acordo permitirá subvencionar a estancia de anciáns santiagueses sen recursos neste centro e sufragar os gastos de manutención, roupa ou medicamentos dos mesmos. O Concello santiagués facilitará 6.000 euros, 1.000 euros por ancián.
Esta iniciativa está destinada tamén a que estes emigrantes santiagueses poidan seguir tendo unhas condicións de vida dignas sen por iso ter que separarse do seu contorno familiar. Trátase dunha alternativa máis axeitada para estes maiores que a da propia repatriación, debido ao arraigo familiar que xa teñen.
Sánchez Bugallo asinará catro convenios en prol dos emigrantes composteláns
28/04/2006 No transcurso da súa primeira xornada de visita institucional en Bos Aires, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinará un convenio coa Fundación Españois do Mundo de Arxentina. Trátase do primeiro dos catro convenios que o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade de Santiago subscribirá durante a súa viaxe e dos que se beneficiarán os emigrantes e descencendentes de emigrantes de Compostela e do seu contorno.
Este primeiro convenio facilitará a realización dun estudo para coñecer en profundidade a situación socioeconómica dos santiagueses residentes en Arxentina. O Concello achegará 3.000 euros a este traballo, que permitirá logo o deseño axeitado das medidas de apoio destinadas a esta colectividade. Sánchez Bugallo asinará tamén un convenio semellante e polo mesmo importe coa Fundación Españois do Mundo de Uruguai.A sinatura do convenio abre a axenda do alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade de Santiago en terras arxentinas o sábado 29. Posteriormente, visitará a caseta da Xunta de Galicia na Feira do Libro e manterá un encontro cos veciños santiagueses residentes en Bos Aires. Nesta provincia residen uns 2.000 veciños composteláns, unha cifra que segue a medrar pola recuperación da nacionalidade de moitos deles nos últimos anos.