CULTURA
Coñecido polo seu virtuosismo coa cora e na mistura de estilos, tamén o é polas súas numerosas colaboracións, como as realizadas con Ketama, Taj Mahal ou Rowell Rud.
Toumani Diabaté trae os sons da cora ao Auditorio de Galicia
28/04/2006 Dentro do ciclo "Sons da Diversidade", chega dende Mali Toumani Diabaté. Cun estilo que el mesmo define como "jazz-jugalbandi-griot", dará a coñecer en Santiago a cora, unha variante de arpa con 21 cordas propia da tradición de África occidental.
O músico africano chega ao Auditorio de Galicia para presentar o seu novo disco, Boulevard de l'Indépendance, a segunda entrega dunha trioloxía coa discográfica World Circuit. A primeira levara por título In the Heart of the Moon e nela compartía protagonismo con Ali Farka Touré. Agora chega con este novo traballo, que segue a combinar harmonicamente ritmos tradicionais e actuais. Toumani Diabaté vén acompañado da Symmetric Orchestra, unha gran banda de músicos africanos de Burkina Faso, Gambia, Malí, Níger e Senegal.Coñecido polo seu virtuosismo coa cora e na mistura de estilos, tamén o é polas súas numerosas colaboracións, como as realizadas con Ketama, Taj Mahal ou Rowell Rud.