RELACIÓNS VECIÑAIS
Desde o 1 ao 18 de abril, as asociacións veciñais compostelanas poderán solicitar no rexistro do Concello, sito na rúa Presidente Salvador Allende 4-baixo (zona de Galeras), en horario de 9 a 14 horas, aqueles cursos formativos que desexen incluír na súa programación.
Unha vez feito o reconto das solicitudes, e en base ás demandas e á disposición orzamentaria, o departamento de Relacións Veciñais comunicará o outorgamento das actividades que correspondan.
Para poder participar nos cursos, así como nas viaxes do programa "Coñecendo o País" e mesmo para a solicitude de subvencións, é preciso que ter apresentado o orzamento, o balance económico do exercicio anterior e o programa anual de actividades antes do día 31 de Marzo.
Novos cursos formativos para as asociacións veciñais de Compostela
29/03/2005 Do 1 ao 18 de abril recolleranse as propostas formativas que as asociacións veciñais queiran incorporar á súa programación anual.
A fin de complementar a oferta de actividades das asociacións veciñais, o departamento de Relacións Veciñais pon en marcha o seu proxecto de actividade para o 2005.Desde o 1 ao 18 de abril, as asociacións veciñais compostelanas poderán solicitar no rexistro do Concello, sito na rúa Presidente Salvador Allende 4-baixo (zona de Galeras), en horario de 9 a 14 horas, aqueles cursos formativos que desexen incluír na súa programación.