CULTURA

Presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares

27/04/2006 O Auditorio de Galicia acolle o sábado 29, ás 21:00 horas, a presentación da Federación Galega de Bandas de Música Populares, nun evento organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e a Asociación Cultural-Musical Solfa. A actuación foi presentada nunha rolda de prensa na que participaron, entre outros, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego; o presidente da FGBMP, Emilio Vázquez, e a presidenta de Solfa, Lucía Carreira.

Xosé Carlos Seráns dirixe á banda que representa ás bandas de música popular de Galicia. Actuarán xunto con varias corais: o coro do CPI das Fontiñas, o da Asociación Musical Solfa, a Coral Polifónica A Salle, o Coro Coto da Nai, a Coral Polifónica da Pontepedriña, a Coral Pontemantible e a Coral Irmán Gómez.

A Federación Galega de Bandas de Música Populares é unha asociación creada en 1987 e concentra a 81 agrupacións, o que supón as dúas terceiras partes das existentes en Galicia. O obxectivo da entidade é "dignificar o traballo que realizan as bandas, valorando o mesmo na súa xusta medida, colobarando con elas para un mayor desenvolvemento cultural e social".

Compartir: