CENTROS SOCIOCULTURAIS

Centros Socioculturais programa unha viaxe termal ao Balneario de Arnoia

30/06/2012 A Concellería de Centros Socioculturais promove unha viaxe termal ao Balneario de Arnoia (Ourense), no marco do seu programa de actividades de saude e calidade de vida. Esta viaxe está especialmente pensada para os nosos maiores, un dos colectivos que máis utiliza os centros socioculturais.

Co obxectivo de completar a oferta de saídas e excursións da rede sociocultural cunha acción específica e innovadora vencellada ao benestar e a saúde, organizouse esta actividade no Balneario de Arnoia, do Grupo Caldaria. Está dirixida a todas aquelas persoas interesadas que desexen, os dias 17,18 e 19 de outubro, acollerse a esta suxestiva proposta. Hai 50 prazas dispoñibles, cun axustado prezo de 125 euros por persoa, con pensión completa.

O prazo de inscrición abrirase o dia 3 de xullo ata completar as prazas, sendo a data límite o 15 de setembro. Requirirase un mínimo de 30 persoas para realizarse a actividade.

Todos aqueles interesados en inscribirse poderán facelo achegandose aos centros socioculturais de Santiago, en horario de 17:00 a 21:00 horas (agás no mes de agosto, no que os centros permanecerán pechados).

Compartir: