ALCALDÍA

Recepción en Raxoi aos participantes no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas

29/06/2012 Os participantes no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

Organizado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, o Consello de Comunidades Galegas debateu durante dous días en Santiago sobre os asuntos que afectan aos galegos da diáspora. Entre outros asuntos, o órgano aprobou a futura Lei de Galeguidade que elabora o Goberno autonómico. Ademais, elixíronse os 150 representantes das casas e centros galegos no exterior que forman a comisión delegada, órgano de representanción permanente da emigración galega.

Compartir: