ALCALDÍA
Rematada esta fase de exposición pública e alegacións, Hernández anunciou que o estudo de impacto ambiental estará listo ao longo do mes de xullo. Procederase entón á redacción dos pregos co obxectivo de licitar a obra, que suporá un investimento de preto de 7 millóns de euros.
A variante de Aradas é un proxecto, enmarcado no plan Move, que permitirá o acceso dende a estrada de Carballo ao Polígono do Tambre, desviando un gran volume de tráfico que agora circula polo barrio de Vite. A intervención contempla a construción dun viaduto á altura do río Sarela, así como un carril para vehículos lentos na marxe dereita. O vieiro terá unha lonxitude de 1,6 quilómetros e suporá unha importante mellora tanto no tráfico como na seguridade viaria.
Polígono da Sionlla
Respecto do polígono da Sionlla, Ángel Currás explicou que se está traballando na optimización das conexións viarias deste solo industrial co resto do viario de Santiago. Así, paralizada temporalmente a conexión coa estrada N-550 polos custes "inasumibles" que esta supoñía para propietarios e, en consecuencia, para o prezo do solo, estase a traballar na reformulación deste proxecto. Mentres tanto, e provisionalmente, garantirase o acceso á Sionlla a través do polígono de Costa Vella e da rúa de Amio, segundo anunciou o conselleiro.
Estas conexións viarias executaranse nunha primeira fase, quedando para unha segunda a conexión orbital directa coa N-550. Neste sentido, Agustín Hernández, falou que, unha vez se teña definida a minoración do custo desta actuación, se estudarán fórmulas de cofinanciamento para a obra.
Sobre o polígono da Sionlla, que supuxo un investimento total de preto de 68 millóns d euros, apuntou que se están rematando os traballos de urbanización, co fin de que poida ser inaugurado neste mesmo verán. Indicou que xa se ten vendido case un 50% do solo posto a disposición das empresas.
Depuradora da Silvouta
O alcalde e o conselleiro tamén constataron a fase decisiva na que entrou o proxecto da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Ambos expresaron o seu desexo de que estea lista canto antes a declaración de impacto ambiental para a nova ubicación prevista e se avance así cara a licitación da obra.
AVE
Preguntado Agustín Hernández sobre a posible conexión do AVE co aeroporto de Lavacolla, lamentou que cando se proxectou o trazado atlántico non se tivese en conta esta posibilidade, que considerou "razoable" e unha "boa idea". Pero nestes intres, explicou, "ten que analizarse cunha visión a longo prazo", tanto polas súas dificultades "funcionais" como de "custo".
En calquera caso, recalcou o titular de Medio Ambiente, "o importante é garantir a intermodalidade de Lavacolla", aspecto que ao seu xuízo se cumpre co autobús que une actualmente o aeroporto coa cidade. Sobre outras alternativas de unión, como a do metro lixeiro, quere agardar a ter o estudo sobre o mesmo para formular proxectos "posibilistas" e "realistas dende o punto de vista do investimento".
O estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo
29/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Urbanismo, María Pardo, mantiveron unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e outros responsables da Consellería. Da xuntanza saíu o anuncio de que o estudo de impacto ambiental da variante de Aradas estará listo no mes de xullo. Concello e Xunta seguen traballando tamén para optimizar a conexión do novo polígono industrial da Sionlla co resto do viario da cidade.
Segundo explicou o conselleiro, o proxecto da variante de Aradas recibiu 29 alegacións, a maioría das cales foron finalmente tidas en conta. Unicamente emprazou a unha fase posterior aquelas relacionadas coas explotacións agrícolas.Rematada esta fase de exposición pública e alegacións, Hernández anunciou que o estudo de impacto ambiental estará listo ao longo do mes de xullo. Procederase entón á redacción dos pregos co obxectivo de licitar a obra, que suporá un investimento de preto de 7 millóns de euros.