BENESTAR SOCIAL
Constituído o Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade
29/06/2012 A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presidiu na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños) a constitución do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade.
Este novo Consello aglutina os ata agora existentes consellos de Muller, Servizos Sociais, Persoas Maiores, Saúde e Migracións. O obxectivo é xuntar as funcións destes e dotalos de maior dinamismo e operatividade, dado o carácter transversal de moitas das súas problemáticas.