REHABILITACIÓN
Esta declaración permitirá ós propietarios das vivendas o acceso a subvencións de ata 8.500 euros para a rehabilitación e mellora das súas vivendas. A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, asinou coa ministra de Vivenda, Maria Antonia Trujillo, e coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, o convenio de colaboración que recolle o número de actuacións previstas e a contía das subvencións.
A rehabilitación de Vista Alegre afectará a cen vivendas e incluirá obras de reurbanización das rúas do barrio. A rehabilitación poderase realizar tanto no exterior coma no interior das vivendas e dos edificios.
Cen vivendas serán rehabilitadas en Vista Alegre este mesmo ano
28/04/2006 Dous bloques de cen vivendas de Vista Alegre serán reformados este mesmo ano. Este é o primeiro dos obxectivos do proxecto de rehabilitación integral do que se beneficiará este barrio, segundo anunciou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
O rexedor compostelán congratulouse pola declaración de Vista Alegre como Área de Rehabilitación Integral (ARI), a primeira deste tipo que se fai en Galicia e unha das primeiras en España. Ademais, estanse a preparar proxectos semellantes para os grupos de vivenda Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Pontepedriña. Sánchez Bugallo augurou "resultados espectaculares e sorprendentes" para a imaxe deste barrio unha vez rematada a rehabilitación das súas vivendas.Esta declaración permitirá ós propietarios das vivendas o acceso a subvencións de ata 8.500 euros para a rehabilitación e mellora das súas vivendas. A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, asinou coa ministra de Vivenda, Maria Antonia Trujillo, e coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, o convenio de colaboración que recolle o número de actuacións previstas e a contía das subvencións.
A rehabilitación de Vista Alegre afectará a cen vivendas e incluirá obras de reurbanización das rúas do barrio. A rehabilitación poderase realizar tanto no exterior coma no interior das vivendas e dos edificios.