EDUCACIÓN
- Concerto didáctico en cada centro participante no programa: un cuarteto da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (EMMSC) e a narradora, cantante e actriz, Mónica de Nut, desenvolveron a actividade. A sesión consistíu nunha narración dun conto musical no que se ía enfiando a presenza de diferentes instrumentos, en solitario e en conxunto.
Os concertos realizararonse todos os venres dende febreiro ata xuño e participaron máis de 2000 escolares dos seguintes centros : CEIP Raíña Fabiola, CEIP Lamas de Abade, Colexio San Jorge, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Vite, CEIP Monte dos Postes, CEIP As Fontiñas; Colexio Sta Apolonia, CEIP Arquitecto Casas Novoa, Colexio San Francisco Javier, Colexio Compañía de María, Colexio A Inmaculada, CEIP López Ferreiro, Colexio Juniors, CEIP Roxos Villestro, Colexio A Milagrosa e CEIP Cardeal Quiroga Palacios.
Púxose a disposición do profesorado dunha unidade didáctica na que se incluían: exercicios de preparación e comprensión dos diferentes temas musicais a desenvolver para o aproveitamento didáctico do concerto; recursos bibliográficos e dixitais; ficha técnica dos intérpretes e pezas do programa. Así mesmo, o Departamento de Didáctica da EMMSC ofreceu asesoramento permanente a todos os centros educativos participantes no proxecto sobre como preparar esta proposta educativa.
- Concertos en familia: dentro do programa desenvolvéronse dúas actividades pensadas para a participación das familias en dous espazos de referencia cultural da cidade: Galería Sargadelos e Fundación Torrente Ballester.
- Xornada de portas abertas na Escola Municipal de Música: Como é habitual en cada curso escolar, a EMMSC convidou as familias con nenos a partir de 2 anos a que coñeceran as instalacións desta institución educativa musical e o programa pedagóxico que esta ten deseñado para a introdución á música dos máis pequenos. Nesta sesión tamén se celebrou un concerto didáctico destinado a estas idades.
Péchase o ciclo de concertos didácticos nos centros de infantil e primaria
31/05/2012 O venres 1 de xuño terá lugar a última sesión do 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música. Os centros nos que poñerá o broche final ata o vindeiro curso serán o CEIP As Fontiñas, cunha sesión ás 10:00 h, e no CEIP Monte dos Postes, ás 11:30 h.
Este ciclo, que levou por título Os cantos do pais do xeo, estaba destinado ao alumnado do 2º ciclo de educación infantil e do 1º ciclo de educación primaria e comprendeu:- Concerto didáctico en cada centro participante no programa: un cuarteto da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (EMMSC) e a narradora, cantante e actriz, Mónica de Nut, desenvolveron a actividade. A sesión consistíu nunha narración dun conto musical no que se ía enfiando a presenza de diferentes instrumentos, en solitario e en conxunto.