ECONOMÍA

Máis de 200 persoas participaron en maio nas accións do Santiago Investors Support

31/05/2012 As actividades de maio do Santiago Investors Support rexistrou a asistencia de máis de 200 persoas. Este programa da Concellería de Economía para a dinamización do tecido económico da cidade desenvolveu en maio cinco actividades, catro delas no CERSIA e unha no IES Lamas de Abade.

As actividades que se levaron a cabo foron:

1. O seminario A miña brúxula negociadora, en colaboración coa Asociación de Xóvenes Empresarios Marineda, que tivo lugar o día 22 de maio.

2. O Seminario de motivación emprendedora, en colaboración con BIC Galicia, o 24 de maio.

3. Charla informativa no IES Lamas de Abade sobre o Servizo de Apoio á Empresa e ás actividades do Santiago Investors Support, o 2 de maio.

4. Xornadas de formación para persoas emprendedoras do sector hortofrutícola, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, que tiveron lugar os xoves do mes de maio.

5. O curso A tormenta perfecta: meteoroloxía da creatividade.

As diferentes accións que se realizaron estaban dirixidas a emprendedores e empresarios, co obxectivo de darlles novas ferramentas para poder desenvolver con maior eficacia os seus proxectos empresariais ou os seus negocios xa existentes.

As entidades que participan no Santiago Investors Support e que colaboraron na definición do programa son: Asociación de Xoves Empresarios AJE Marineda; Asociación Área Empresarial do Tambre; Asociación de Hostalería de Santiago de Compostela; Cámara de Comercio de Santiago; Asociación de Autónomos de Galicia, UPTA; GDR Terras de Compostela; CCA Compostela Monumental; Fundación Santiago Centro; Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTES; Mercado de Abastos de Santiago.

Compartir: