ECONOMÍA
A xerente do Instituto Galego de Consumo (IGC), María Jesús Muñoz, e o xefe do Servizo de Protección ao Consumidor deste organismo, José María Pita, impartiron un relatorio titulado "A comercialización doutros produtos de investimento. O caso das participacións preferentes". A clausura da xornada correu a cargo da directora xeral de Comercio e presidenta do IGC, Nava Castro.
O CERSIA acolleu unha xornada sobre produtos para a xubilación
30/05/2012 A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, inaugurou a Xornada "Produtos para a xubilación en tempos de crise", organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e celebrada no edificio CERSIA, en San Lázaro. A sesión contou con varios relatorios sobre cuestións como as fórmulas de traspaso ou as participacións preferentes.
O primeiro dos relatorios da xornada versou sobre "Tipoloxía, idoneidade e fórmulas de traspaso" e foi impartido polo director Vida da Zona Noroeste de Helvetia Seguros, Antonio Tadeu. A continuación tomou a palabra Miguel Torres, da Unión de Consumidores de Galicia, cunha intervención relativa ás "Vantaxes, inconvenientes e riscos. Cuestións a ter en conta antes e despois da contratación".A xerente do Instituto Galego de Consumo (IGC), María Jesús Muñoz, e o xefe do Servizo de Protección ao Consumidor deste organismo, José María Pita, impartiron un relatorio titulado "A comercialización doutros produtos de investimento. O caso das participacións preferentes". A clausura da xornada correu a cargo da directora xeral de Comercio e presidenta do IGC, Nava Castro.