ALCALDÍA
Xa na seguinte semana, o martes 8, o alcalde reunirase primeiro co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. A continuación, tamén na Coruña, encontro co presidente da Deputación, Diego Calvo.
Para o luns 14 está prevista a reunión de Ángel Currás co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Ao día seguinte, a xuntanza será co reitor da Universade de Santiago, Juan Casares Long. Tamén figura na axenda da primeira quincena de maio, con data exacta aínda por confirmar, unha reunión co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.
O alcalde inicia unha rolda de reunións protocolarias con diversas autoridades
30/04/2012 Transcorridas as dúas primeras semanas dende a súa toma de posesión como alcalde, Ángel Currás inicia unha serie de visitas de carácter protocolario a varias autoridades políticas, eclesiásticas e académicas.
A rolda de visitas comezará o mércores 2 cun encontro coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, na sede da institución autonómica. Ao día seguinte, cita co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.Xa na seguinte semana, o martes 8, o alcalde reunirase primeiro co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. A continuación, tamén na Coruña, encontro co presidente da Deputación, Diego Calvo.