BENESTAR SOCIAL
Educar o ocio é educar o aspecto máis persoal de cada un. Partindo destas premisas ponse en marcha o programa ACTÍVA-T en colaboración co Centro Juan XXIII coma un complemento para o fin máis importante das persoas en risco de exclusión social: a preparación para a vida da persoa de forma integral.
Os obradoiros ACTÍVA-T constan de varias sesións semanais que terán lugar todos os mércores dos meses de maio e xuño, con diferente temática en cada unha das sesións. Cada unha converterase nunha ampla serie de actividades de distinta natureza: cociña, reciclaxe, fotografía, saídas culturais e de recreo...
O Programa pretende ofrecer ás persoas en risco de exclusión social a posibilidade de participar en diferentes actividades de ocio e un servizo guiado polos principios de normalización, inclusión social e orientación ao usuario, proporcionando os apoios necesarios para que as persoas que engloban este colectivo cheguen a dispoñer das habilidades necesarias para gozar do seu tempo de ocio da forma máis autónoma posible ou ben cos apoios que lle sexan necesarios.
Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Póñense en marcha os talleres "ACTIVA-T"
30/04/2012 O mércores 2 de maio inauguraranse no Centro Juan XXIII os obradoiros ACTÍVA-T, coa coordinación e execución do Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS. O taller denominado Elaboración e degustación de pinchos saudables será o punto de partida para outros obradoiros semanais e de temáticas diversas que chegarán nos meses de maio e xuño.
Dende o Equipo de Dinamización Social apúntase que "o ocio positivo potencia a inclusión social e valores persoais e comunitarios máis alá de si mesmo; pero gran parte destes valores están relacionados có tipo de ocio que se practique. O ocio é unha experiencia humana libre, gozosa e cun fin en si mesma; é dicir, voluntaria e separada da necesidade, entendida como necesidade primaria. A experiencia de ocio implica una percepción subxectiva na que inflúen tanto a propia experiencia persoal como o entorno social no que se vive".Educar o ocio é educar o aspecto máis persoal de cada un. Partindo destas premisas ponse en marcha o programa ACTÍVA-T en colaboración co Centro Juan XXIII coma un complemento para o fin máis importante das persoas en risco de exclusión social: a preparación para a vida da persoa de forma integral.