CULTURA
A súa capacidade creativa permítelles abordar este proxecto dun xeito máis teatral, sen escaparlle a ningunha faceta das que se lle poden aparecer aos actores convencionais (cantar, bailar, facer personaxes, etc). Se, ademais, aproveitan a gran complicidade existente entre eles para convivir enriba do escenario, e utilizan a súa ampla experiencia no corpo a corpo para xogar e improvisar co público, está claro que este espectáculo vai ser unha bomba completamente impredecible. O único que está claro é a misión deste "comando tecnolóxico": a xente ten que rir, que para chorar xa están os informativos.
Pepo Suevos
Dende que comezou a traballar no mundo do humor e o espectáculo hai once anos, o ferrolán Pepo Suevos tense convertido nun dos cómicos galegos máis prolíficos con preto de 1.000 representacións no seu currículo. Un auténtico monstro dos escenarios capaz de facer rir en todo tipo de contextos, especialmente en bares, cervexerías e outros tabernáculos. Proba da súa habilidade como contacontos foi o monólogo de dez horas consecutivas que ofreceu a finais de 2010 en Carral para celebrar, precisamente, os seus décimo aniversario como comediante. Cantante, deportista, imitador, dobrador ou mesmo bailarín, o polifacético Pepo Suevos deu o salto ás pantallas, participando en series como Mareas Vivas, Rías Baixas, Terra de Miranda, Matalobos (TVG) ou mesmo a estatal Piratas e en filmes como Entre bateas, Heroína ou máis recentemente Secuestrados. E ademais de actor, tamén traballa como guionista en programas como Land Róber ou, na actualidade, Tourilandia.
Oswaldo Digón
Comezou como contacontos na súa Sada natal e pouco a pouco foise metendo no mundo dos monólogos e o humor en directo ata convertelo no seu modo de vida. Nos seus relatos Oswaldo bota man de historias e experiencias persoais como a da súa nai ninja, memorable monólogo. A presentación de galas e actos de todo tipo é unha das súas especialidades, xunto coa produción frenética de espectáculos teatrais e cómicos con outros actores e humoristas do país: o prometedor Hai P.O.D (con Pepo Suevos e David Amor), Humor y otras gaitas (con Rober Bodegas e David Amor), Los Duguis (con Gary e Marita Martínez) ou Ora Impronobis, un espectáculo para pequenos locais baseado na improvisación e na interacción co público. Oswaldo Digón tamén é guionista do programa da TVG Tourilandia.
David Amor
Un casting para o programa da TVG O rei da comedia botou a andar a paixón innata de David Amor polos monólogos, o humor e a leria en xeral. Desde as terras do Deza, pouco a pouco David Amor foise facendo un oco no panorama televisivo e artístico galego, participando en programas da TVG como Supermartes, A terra dos prodixios, Luar ou Land Róber, onde traballou como guionista. En 2010 dá o salto á televisión estatal no programa El club del chiste, un proxecto que compaxina coas representacións de Hai P.O.D, Humor y otras gaitas e outros espectáculos en directo. A outra paixón de David Amor é o balonmán (deporte que, curiosamente, tamén practicaron outros coñecidos humoristas galegos como Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro e Rober Bodegas), chegando a xogar mesmo na liga Asobal en equipos como o Teucro ou o Artai.
As entradas para este espectáculo a 15 euros (13 euros no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas). Despois de Hai P.O.D. teremos en Falabaratos a Godoy presentando Verás que todo es mentira o 8 de xuño tamén no Teatro Principal.
Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan "Hai P.O.D." en Falabaratos
30/04/2012 O ciclo Falabaratos. Monólogos, contos e outras historias propón un novo espectáculo o martes 1 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Será cos humoristas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, que presentan Hai P.O.D.
No principio foi o "walkman". Despois chegou o "Mp3". Hoxe en día … HAI P.O.D. Como evolucionou a tecnoloxía!!! E o que lle queda!!! De feito, estes avances poderían ser o fío argumental dun espectáculo cómico, non? Pois aquí o está. Este é un espectáculo ideado, escrito e protagonizado por tres dos humoristas galegos máis prolíficos e aclamados dos últimos tempos. Despois de miles de horas facendo rir en bares e tabernáculos de toda índole, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, deciden dar o salto aos grandes escenarios, os teatros, para darlle unha nova dimensión ao seu traballo. Pero queren facelo dun xeito especial, fuxindo dese sistema tan utilizado do "monólogo sucesivo".A súa capacidade creativa permítelles abordar este proxecto dun xeito máis teatral, sen escaparlle a ningunha faceta das que se lle poden aparecer aos actores convencionais (cantar, bailar, facer personaxes, etc). Se, ademais, aproveitan a gran complicidade existente entre eles para convivir enriba do escenario, e utilizan a súa ampla experiencia no corpo a corpo para xogar e improvisar co público, está claro que este espectáculo vai ser unha bomba completamente impredecible. O único que está claro é a misión deste "comando tecnolóxico": a xente ten que rir, que para chorar xa están os informativos.