CULTURA
Ao longo deses 10 días de programación, teremos ducias de proxeccións das curtametraxes dos cinco concursos existentes: Internacional, Explora-Aqualogy, Compostelae, Panorama Galicia, Escolas Galegas-ACME. Das 2.645 curtas recibidas, poderemos ver proxectadas estes días na cidade un total de 100 que son as seleccionadas para participar no Concurso, entre as cales se elixirán as que levarán 12 premios e 3 mencións especiais.
Para decidir os premiados, o Festival conta con cinco xurados. Paul Negoescu, Peque Varela e Massimiliano Nardulli no Xurado Internacional; Alberto Vázquez, Gael Herrera Batallán e Dimas González Bennett, no Xurado Compostelae; Sergi Belbel, Yumey Besú Payo e Alfonso de la Puente, no Xurado AGAG (Asociación Galega de Guionistas); Miguel Colmeiro, Lucía Puebla, Emmanuel Granados, Paula Pérez e Álvaro Pérez Dios, forman o Xurado Novo; e João Garçao Borges, Carlos Roma e Víctor Paz Morandeira o Xurado Onda Curta-RTP.
Este ano, Curtocircuíto quixo destacar a Romanía como país convidado por ser fogar dunha gran xeración de cineastas que figuran no mapa internacional cunha forza inusitada desde xa fai uns anos. A súa diversidade de propostas, a súa constante procura de novas linguaxes, o seu enriquecedor diálogo entre xeracións e os seus sólidos actores convértena nun referente obrigado no mundo audiovisual. Os especialistas lograron etiquetar as súas películas como procedentes dun "novo cine romanés". Á parte de dous programas de curtametraxes, que acapararon máis de 400 premios, o Festival organizou unha mesa redonda dedicada a está brillante xeración de cineastas. Estas actividades contan todas coa colaboración do Instituto Cultural Rumano de Madrid.
En canto ás actividades de formación, Curtocircuíto ofrece un obradoiro e unha clase maxistral. O Obradoiro de efectos especiais 4 Ojos está realizado en colaboración coa Fundación Autor de Santiago e celebrarase precisamente na Fundación Autor do luns 7 ao venres 11 cunha duración de 35 h. Estará impartido polo compostelán Alberto Hortas, artista de efectos especiais de maquillaxe e fundador do estudo chamado 4 Ojos Estudio. A clase maxistral, impartida polo dramaturgo e guionista Sergi Belbel baixo o nome O Guión para ciencia-ficción, está realizada en colaboración coa Asociación Galega de Guionistas e coa Fundación Autor de Santiago. Será tamén na Fundación Autor o venres 11, de 16:00 a 19:00 horas.
É de destacar tamén nas actividades paralelas que nesta edición teremos curtas que xiran arredor de dúas temáticas específicas: Temática Robots e Androides e Temática Tentaciones (en asociación co Festival Europeo de Brest, Francia). Ademais, haberá tamén programación específica para o Público Novo, Curtas Cativas, Video Clips Internacionais e Curtas Cubanas (en asociación coa Muestra Joven de la Habana, Cuba).
En canto ao programa musical, ademais dos que acompañarán a inauguración e a clausura e dos que xa falamos, teremos varios concertos en diferentes recintos. O venres 4 de maio, Dúo Cobra na Zona "C" enmarcado no ciclo Compostela Rock, o mesmo que La Débil+Unicornibot, que estarán o 5 de maio tamén na Zona "C". Enmarcados no ciclo Compostela Rock tamén son os concertos de Toy Dolls+Novedades Carminha, o luns 7 de maio na Sala Capitol, e Fasenuova, o 9 de maio na Zona "C". E no Abastos EGC poderemos escoitar a Coralie Yap-Chine Quartet o xoves 10 de maio.
Información técnica
As sedes do Festival serán a Zona "C", o Teatro Principal, o Abastos EGC, e a Fundación de Autor. As entradas para os programas oficiais poden recollerse na billeteira do Teatro Principal no día da proxección co custe de 2 € por proxección, podendo adquirir un bono de 5 € para cinco proxeccións. A entrada para os programas paralelos proxectados na Zona "C" e Abastos EGC son de balde e non é preciso retirar entrada.
O custo do Obradoiro é de 150 € e terá como máximo 15 inscritos que, para facelo, poden mandar un mail a gnieves@sgae.es ou chamar ao teléfono 981 569 178. A Clase Maxistral terá un custo de 30 € a entrada xeral, 10 € para os socios de AGAG, e 25 € tarifa reducida para estudantes. Contará cun aforo máximo de 100 participantes. Todos aqueles que queiran inscribirse deberán mandar un mail a formación@asociaciongalegadeguionistas.org ou chamar ao teléfono 620 563 617.
En canto á programación musical, a entrada será de balde (previa retirada de entradas na billeteira do Principal) para os Cineconcertos da inauguración e da clausura. Dúa Cobra terá un custo de 8 €, 6 € anticipada; La Débil+Unicornibot, 10 €, 8 € anticipada; Toy Dolls+Novedades Carminha: 22 €, 18 € anticipada; Fasenuova 8 €, 6 € anticipada e Coralie Yap-Chine Quartet con entrada de balde. As entradas para todos estes concertos poden mercarse, ademais de noutros sitios específicos para cada concerto, na billeteira do Teatro Principal.
Todo listo para a IX edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes
30/04/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou hai uns días a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura o mércores 2 de maio e se celebra ata o 11 de maio en diversos lugares da cidade. Nesta edición, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, haberá actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado será Romanía.
Curtocircuíto inaugurarase o 2 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, nunha gala na que se presentará a programación e actividades paralelas e tamén se lle entregará o seu premio de 500 euros ao gañador do cartel deste ano, Guillermo Arias Bouzas. Nesa mesma inauguración poderemos gozar tamén da primeira das actividades musicais do programa, xa que a Banda Municipal de Música homenaxeará ao gran Charlot poñendo música en vivo, de Antón Alcalde, á proxección da curtametraxe ‘The Pawn Shop’. A gala de clausura, na que se entregarán os premios aos gañadores das distintas categorías, será tamén no Teatro Principal o venres 11 de maio, ás 20:30 horas e, unha vez rematada, volveremos gozar coa música, porque a partir das 22:30 horas, no mesmo recinto, teremos Cineconcerto con Mano de Obra. Xa para pechar esta edición, a partir das 24:00 horas dese venres, proxectaranse as curtametraxes gañadoras desta edición.Ao longo deses 10 días de programación, teremos ducias de proxeccións das curtametraxes dos cinco concursos existentes: Internacional, Explora-Aqualogy, Compostelae, Panorama Galicia, Escolas Galegas-ACME. Das 2.645 curtas recibidas, poderemos ver proxectadas estes días na cidade un total de 100 que son as seleccionadas para participar no Concurso, entre as cales se elixirán as que levarán 12 premios e 3 mencións especiais.