CULTURA
O venres venres 4 de maio, Dúo Cobra ofrece un concerto no Teatro Principal ás 21:00 horas enmarcado no ciclo Compostela Rock. A pesares de que un dos membros do Dúo é compostelán, é a primeira vez que os poderemos ver en directo na cidade. Amosan Papel Médium, peza que presentan en (S8), consistente en tres proxeccións simultáneas de 8mm e Súper 8 mentres fan a banda sonora en directo. Máis que unha película, Papel Médium é un evento en directo e está feito especificamente para o (S8); dado o seu carácter non se repetirá -polo menos da mesma forma, coa mesma metraxe e a mesma banda sonora- en ningún outro sitio.
Ao día seguinte, o 5 de maio e ás 22:00 horas. teremos concerto de La Débil+Unicornibot, que estarán na Zona "C" dentro do ciclo Compostela Rock. Os madrileños La Débil tráennos a súa música post-punk e fan a presentación en Galicia do seu disco Sángrala. E dende Pontevedra chega Unicornibot, que nos presentan o seu segundo disco, Dalle, que é un golpe na mesa, un salto cara a adiante nas súas aspiracións, unha declaración de intención artística.
Enmarcados no ciclo Compostela Rock tamén están os concertos de Toy Dolls+Novedades Carminha, o luns 7 de maio na Sala Capitol, e Fasenuova, o 9 de maio na Zona "C". Toy Dolls presentan en Galicia o seu novo disco, The Album After the Last One, na que é a súa primeira xira por salas nos últimos seis anos. Terán de teloneiros aos composteláns Novedades Carminha, que presentan o seu segundo LP, Jódete y baila. Será na Capitol a partir das 20:00 horas.
Os asturianos Fasenuova ofrecen a súa música electrónica o mércores 9, ás 22:00 horas, na Zona "C". Presentan A la quinta hoguera, que pretende ser unha alegoría, á vez divertida e profunda, dos misterios da vida: o amor, a morte, a linguaxe. A música é tratada como elemento alquímico capaz de conectar ao ser humano co descoñecido.
O xoves día 10 teremos a posibilidade de gozar co jazz dos composteláns Coralie Yap-Chine Quartet no Abastos EGC a partir das 22:00 horas. E para pechar esta semana de bo cinema e boa música, na gala de clausura, tras a entrega de premios aos gañadores, teremos no Teatro Principal, ás 22:30 horas, Cineconcerto con Mano de Obra, da man do xurado Compostelae, Alberto Vázquez. O grupo presentará en exclusiva novos temas do seu próximo disco e ofrecerá un espectáculo audiovisual en directo no que mostrará imaxes que sen dubida instruirán á sociedade cara a construción dun mundo novo, unha nova sociedade do futuro que xa pasou e que sempre haberá que ter presente.
Venda de entradas
A entrada será de balde (previa retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal) para os Cineconcertos da inauguración e da clausura. Dúo Cobra terá un custo de 8 €, 6 € anticipada; La Débil+Unicornibot, 10 €, 8 € anticipada; Toy Dolls+Novedades Carminha: 22 €, 18 € anticipada; Fasenuova 8 €, 6 € anticipada e Coralie Yap-Chine Quartet con entrada de balde.
As entradas para todos estes concertos poden mercarse na billeteira do Teatro Principal ou en A Reixa Tenda. Ademais, as entradas para os concertos da Zona "C" poden mercarse alí, no propio espazo. E para os Toy Dolls tamén se poden adquirir en Ticketmaster e www.salacapitol.com.
Sete concertos na programación musical da IX edición de Curtocircuíto
28/04/2012 A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura o 2 de maio, é moito máis que cinema e este ano trae unha importante programación musical. A Banda Municipal de Música da cidade, Dúo Cobra, La Débil+Unicornibot, Toy Dolls+Novedades Carminha, Fasenuova, Coralie Yap-Chine Quartet e Mano de Obra son os protagonistas desta programación musical. As entradas para a Banda, Coralie Yap-Chine Quartet e Mano de Obra son de balde. As outras, a diferentes prezos, están xa todas a venda no Teatro Principal e en distintos lugares da cidade.
Curtocircuíto inaugurarase o 2 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, nunha gala na que poderemos gozar da primeira das actividades musicais do programa, xa que a Banda Municipal de Música homenaxeará ao gran Charlot poñendo música en vivo, música de Antón Alcalde, á proxección da curtametraxe The Pawn Shop. A entrada a esta inauguración será de balde.O venres venres 4 de maio, Dúo Cobra ofrece un concerto no Teatro Principal ás 21:00 horas enmarcado no ciclo Compostela Rock. A pesares de que un dos membros do Dúo é compostelán, é a primeira vez que os poderemos ver en directo na cidade. Amosan Papel Médium, peza que presentan en (S8), consistente en tres proxeccións simultáneas de 8mm e Súper 8 mentres fan a banda sonora en directo. Máis que unha película, Papel Médium é un evento en directo e está feito especificamente para o (S8); dado o seu carácter non se repetirá -polo menos da mesma forma, coa mesma metraxe e a mesma banda sonora- en ningún outro sitio.