ALCALDÍA
Grazas a esta Feira do Libro, apuntou o alcalde, "os asiduos ás librerías poderemos experimentar a sensación de descubrir libros ao aire libre, e os que aínda non descubriron os encantos do mundo do libro, poderán experimentar a sensación de follear un deles; un e outro e outro, e de mercar algún". Neste sentido, animou os cidadáns a visitar "uns lugares cativadores, as librerías, lugares nos que se ofrecen uns produtos fascinantes: os libros".
Ademais, na liña do xa expresado a propósito da Campaña Municipal de Animación á Lectura, inaugurada na xornada anterior, confiou en que, grazas a esta iniciativa, "o libro en galego terá novas oportunidades da man dos novos lectores ou, sobre todo, da man dos lectores novos, porque nesta feira terán un protagonismo especial os máis pequenos".
O alcalde anima os cidadáns a descubrir os encantos da lectura na Feira do Libro
28/04/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistíu á inauguración da XXXI Edición da Feira do Libro. Alí animou os composteláns a visitar a mostra e a somerxerse no descubrimento dos encantos do mundo do libro.
Ángel Currás interviu no acto inaugural para gabar, en primeiro lugar, o escenario da Feira. "Concordamos todos en que os libros atesouran palabras fermosas, eufónicas, evocadoras ou suxestivas. Unha delas á a palabra 'alameda'. Pero hoxe non son os libros os que conteñen ou suxiren unha alameda; hoxe é a Alameda a que contén e suxire os libros", indicou.Grazas a esta Feira do Libro, apuntou o alcalde, "os asiduos ás librerías poderemos experimentar a sensación de descubrir libros ao aire libre, e os que aínda non descubriron os encantos do mundo do libro, poderán experimentar a sensación de follear un deles; un e outro e outro, e de mercar algún". Neste sentido, animou os cidadáns a visitar "uns lugares cativadores, as librerías, lugares nos que se ofrecen uns produtos fascinantes: os libros".