BENESTAR SOCIAL
O concelleiro Juan de la Fuente constatou a menor cantidade de lixo recollido pola empresa Urbaser, que non só non realizou ningún tipo de reforzo especial, senón que funcionou con servizos mínimos por ser día de folga. A Policía Local tampouco identificou ningunha persoa bebendo na rúa.
Escasa incidencia do consumo de alcohol na rúa na noite do xoves 29
30/03/2012 O Departamento de Benestar Social e UMAD detectou na noite do xoves 29 de abril unha escasa incidencia de consumo de alcohol na rúa. Nos espazos onde habitualmente se viñan celebrando concentracións de mozos, o lixo que se recolleu foi considerablemente menor que hai uns meses, como constatan as fotos que adxuntan á noticia, realizadas respectivamente na noite do xoves 29 de marzo e na noite dun xoves do mes de outubro de 2011.
A este respecto, a concelleira Paula Prado xa salientou que se vén detectando un cambio de hábitos no consumo de alcohol na vía pública, e destacau tamén o feito de que "dende hai tempo non está habendo botellóns no Campus Vida". Paula Prado non quixo "ser triunfalista", pero amosou a súa satisfacción por este cambio de hábitos.O concelleiro Juan de la Fuente constatou a menor cantidade de lixo recollido pola empresa Urbaser, que non só non realizou ningún tipo de reforzo especial, senón que funcionou con servizos mínimos por ser día de folga. A Policía Local tampouco identificou ningunha persoa bebendo na rúa.