COMERCIO
A Mesa do Comercio está composta por representantes de: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, Cámara de Comercio, Federación de Comercio da Provincia de A Coruña, Asociación Área Empresarial do Tambre, Fundación Santiago Centro, Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, Acotes, Mercado de Abastos, Ourives de Compostela, Unión de Consumidores Europeos de Galicia, Unión de Consumidores de Galicia e Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia.
A Mesa do Comercio emite informe desfavorable á organización dun Outlet
29/02/2012 A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse no edificio municipal CERSIA para estudar o proxecto de organización dun Outlet no mes de marzo, promovido e organizado por unha empresa privada.
Os compoñentes da Mesa decidiron por unanimidade informar desfavorablemente á celebración deste Outlet. O Concello de Santiago trasladará este informe á Xunta de Galicia e a entidade promotora aos efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 94 da Lei 13/2010 de comercio interior de Galicia.A Mesa do Comercio está composta por representantes de: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, Cámara de Comercio, Federación de Comercio da Provincia de A Coruña, Asociación Área Empresarial do Tambre, Fundación Santiago Centro, Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, Acotes, Mercado de Abastos, Ourives de Compostela, Unión de Consumidores Europeos de Galicia, Unión de Consumidores de Galicia e Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia.