XUVENTUDE
Os participantes partirán cara o Parque Pena Aventura o luns 2 de abril. Nesa xornada realizarán actividades de descenso no Fantasticable (tirolina), paseo en Segway X2 e tiro con Arco. Adrián Varela referiuse especialmente a esta actividade, na que xa teñen participado, segundo dixo, máis de 70.000 persoas, e na que se poden alcanzar os 110 km/hora. Para a o martes 3 están previstas ruta aventura, piragüismo, escalada e descenso nocturno en tirolina. Na última das xornadas, o mércores 3 de abril, haberá paintball, salto negativo e minigolf.
Preinscrición
O programa está destinado a mozos e mozas de 16 a 30 anos, empadroados no Concello de Santiago. Poderanse inscribir ata 50 persoas (20 de 16 a 18 anos e 30 de 18 a 30 anos). A conta de inscrición, que inclúe monitoraxe, desprazamento e pensión completa é de 40 euros. A través das cotas sufrágase en torno a un 30% do programa. O resto, ata uns 8.000 euros, achégao o Concello.
Os interesados deberán formalizar unha preinscrición, entregando o impreso correspondente no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16), en horario laborable de 9:00 a 14:00 horas. A data límite é o 17 de marzo.
Unha vez confirmada a praza polo Departamento de Xuventude, realizarase a inscrición entre o 20 e o 26 de marzo, segundo o procedemento que se lle indicará aos admitidos. As prazas serán cubertas por rigoroso orde de preinscrición.
O deporte de aventura
O deporte de aventura é unha nova forma deportiva que pon á persoa en contacto directo coa natureza. Coa motivación do traballo en equipo e a superación de metas, o participante ten que poñer en funcionamento unha serie de destrezas físicas relacionais, xa que pasa a formar parte dun grupo de iguais cos que compartirá unha serie de experiencias de gran intensidade.
O traballo en equipo adquire pois gran importancia, como o coñecemento técnico necesario para a realización de cada unha das disciplinas que se contemplan nesta proposta, motivo polo cal a formación pasa a ser unha ferramenta de traballo máis con este grupo de mozos, que terán que adquirir unha serie de nocións técnicas previas á propia realización da actividade da man de profesionais especializados nas diferentes actividades.
Máis información no Departamento de Xuventude:
CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL MUNICIPAL DO ENSANCHE
Frei Rosendo Salvado 14-16 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel: 981 543 001 // Fax: 981 543 002
dptoxuventude@santiagodecompostela.gal
Xuventude presenta a súa oferta de lecer e aventura para esta Semana Santa
29/02/2012 O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou o Programa de Ocio e Aventura para a Xuventude de Compostela, Semana Santa 2012. Trátase dunha completa oferta de turismo activo e deporte de aventura a desenvolver do 2 ao 4 de abril no Parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena (Portugal).
Este programa quere proporcionar á mocidade de Compostela unha alternativa de lecer e fomentar a práctica deportiva e adquisición de hábitos saudables. Tamén quere ser un punto de encontro e un medio para sensibilización sobre o medio natural.Os participantes partirán cara o Parque Pena Aventura o luns 2 de abril. Nesa xornada realizarán actividades de descenso no Fantasticable (tirolina), paseo en Segway X2 e tiro con Arco. Adrián Varela referiuse especialmente a esta actividade, na que xa teñen participado, segundo dixo, máis de 70.000 persoas, e na que se poden alcanzar os 110 km/hora. Para a o martes 3 están previstas ruta aventura, piragüismo, escalada e descenso nocturno en tirolina. Na última das xornadas, o mércores 3 de abril, haberá paintball, salto negativo e minigolf.