TURISMO
Na categoría de Cociña resultou distinguido Roberto Crespo, do Restaurante Roberto, de San Xulián de Sales (Vedra), que recibiu o premio de mans de Jesús Sordo. O galardon á atención en Sala recaeu en Alfredo Castrelo, de El Refugio (Oleiros).
Luis Escurís Batalla recolleu o premio como Productor de mans de Juan Maneiro, secretario xeral do Mar, mentres o secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, entregou a distinción de Viños a José Luis Hernáez Mañas. Belarmino Fernández Iglesias recibiu o premio na categoría de Formación, entregado por Ramiro Esparís. O acto pechouse cunha homenaxe póstuma a Isaac Díaz Pardo.
Entrega dos Premios Picadillo na ultima xornada do Fórum Gastronómico
28/02/2012 O primeiro tenente de alcalde, Ángel Currás, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á entrega dos Premios Picadillo, dentro Fórum Gastronómico Santiago 2012.
Na súa terceira edición en Santiago de Compostela, o Fórum Gastronómico volveu outorgar os Premios Picadillo a aquelas persoas que teñan destacado nalgunha faceta polo seu labor en prol da gastronomía galega. As categorías premiadas son: Cociña, Sala, Viños, Produción, Formación e Cultura.Na categoría de Cociña resultou distinguido Roberto Crespo, do Restaurante Roberto, de San Xulián de Sales (Vedra), que recibiu o premio de mans de Jesús Sordo. O galardon á atención en Sala recaeu en Alfredo Castrelo, de El Refugio (Oleiros).