TURISMO
O evento continuará coa proxección dun DVD sobre Compostela e unha cea na que os 400 invitados da artista (entre representantes institucionais, prensa especializada e sociedade italiana) degustarán viños do Ribeiro e ‘Pedras de Santiago’.
María Luisa Gaetani della’Aquila d’Aragona, grande de Italia, percorreu a pe o Camiño de Santiago en numerosas ocasións e recolleu coa cámara as súas vivencias na ruta e na cidade meta ‘para render honor aos millóns de peregrinos que me precederon nos séculos’ e deixar constancia ‘dunha aventura que debe conducir ao profundo descubrimento de ti mesmo’.
A mostra permanecerá aberta todos os días (agás luns) de 10 a 20 horas na Sala Capriate do Chiostro del Bramante (Arco della Pace, 5) ata o 16 de abril.
Santiago e o seu Camiño centran unha mostra fotográfica en Roma
29/03/2006 O xoves 30 de marzo inaugúrase no palacio Chiostro del Bramante de Roma a exposición fotográfica ‘Il Cammino e i Camminatori di Santiago di Compostela’, organizada pola aristócrata María Luisa Gaetani della’Aquila d’Aragona e a Oficina Española de Turismo da capital italiana.
En representación de Santiago de Compostela acudirá ao evento a responsábel da área de Turismo de Incolsa-Turismo de Santiago, Flavia Ramil, quen intervirá para facer referencia á atención que espertan a cidade e o Camiño entre os artistas de todo o mundo.O evento continuará coa proxección dun DVD sobre Compostela e unha cea na que os 400 invitados da artista (entre representantes institucionais, prensa especializada e sociedade italiana) degustarán viños do Ribeiro e ‘Pedras de Santiago’.