TURISMO

Vueling absorberá o 20% do tráfico aéreo entre o Prat e Lavacolla

29/03/2006 Vueling inaugura o próximo 13 de abril unha frecuencia diaria entre Barcelona e Santiago de Compostela, coa que prevé transportar 65.000 viaxeiros en 2006 e converterse antes de fin de ano nun dos 5 principais operadores do aeródromo galego.

Durante a presentación oficial da compañía aérea Vueling, na que estiveron o director xeral de Vueling, Lázaro Ros, o alcalde de Santiago, Xosé. A. Sánchez Bugallo, e o Concelleiro de Turismo, Francisco Candela, sinalouse que esta nova ruta a aeroliña prevé transportar 65.000 pasaxeiros durante 2006, o que representa arredor do 20% do tráfico aéreo comercial entre os aeropuertos de El Prat e Lavacolla.

O cumprimento destas previsións levará á compañía a pechar 2006 convertida no quinto operador do aeroporto de Santiago por volume de tráfico. Segundo explicou Lázaro Ros, director xeral de Vueling, "Galicia é un destino atractivo para Vueling. Estamos seguros que a nova ruta a Santiago de Compostela terá moito éxito xa que a selección das nosas rutas responde non só a criterios comerciais, senón tamén á elección dos nosos clientes que a través de enquisas semanais nos informan das súas preferencias".

Os billetes para o novo traxeto Barcelona – Santiago, de frecuencia diaria, terán un prezo medio de 45 €. Para as próximas tempadas a compañía está estudando ampliar as frecuencias entre ambas cidades, así como introducir novas "cidades Vueling" desde Lavacolla.

Compartir: