ALCALDÍA
Souto Prieto despídese do alcalde como presidente do Tribunal Superior
28/03/2006 O ata agora presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Jesús Souto Prieto, visitou o martes 28 de marzo Casa do Concello para despedirse do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
Souto Prieto emprende agora unha nova etapa profesional, posto que tras deixar a presidencia do Tribunal Superior de Xustiza marcha á Sala do Social do Tribunal Supremo proposto pola Asociación Profesional da Maxistratura.