CENTROS SOCIOCULTURAIS
Na parte traseira do edificio contará cunha saída a Vista Alegre. Ademais da biblioteca, a planta baixa destinarase aos accesos, recepción, talleres e instalacións, e a primeira a talleres. O centro contará cunha superficie útil de 170 metros cadrados, e con espazos moi diáfanos e adaptábeis.
Pelamios contará cun novo centro sociocultural en menos dun ano
28/03/2006 O novo centro sociocultural de Brañas de Andrés, ubicado na zona dos Pelamios, estará rematado a finais da primaveira de 2007, segundo previsións da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, e do voceiro do Grupo de Goberno, Francisco Candela, que presentaron o proxecto.
O pasado xoves 23 de marzo foron adxudicadas as obras do centro, cunha licitación de 235.000 euros á UTE Decoracions J Bello. Segundo o proxecto dos arquitectos da obra, Patricia Sabín e Enrique M. Blanco, búscase a colonización dunha edificación con historia, sen variar as súas características esenciais. No novo centro potenciarase a zona da biblioteca como centro neurálxico do edifico, e crearase un patio ligado á zona de acceso e aseos.Na parte traseira do edificio contará cunha saída a Vista Alegre. Ademais da biblioteca, a planta baixa destinarase aos accesos, recepción, talleres e instalacións, e a primeira a talleres. O centro contará cunha superficie útil de 170 metros cadrados, e con espazos moi diáfanos e adaptábeis.