CENTROS SOCIOCULTURAIS
O venres 31 de marzo, a partir das 12 da mañá, haberá unha ofrenda floral a Aurelio Aguirre en Boisaca, nun acto que contará co alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os nenos dos colexios e institutos do barrio (colexio Quiroga Palacios e instituto Eduardo Pondal). De seguido, darase lectura a algúns poemas de Aguirre, e o grupo de música tradicional "Aurelio Aguirre" interpretarase á gaita o Himno do Antigo Reino de Galicia. Despois, xa en Conxo, será descoberta unha placa co nome da rúa do Banquete de Conxo. No centro sociocultural do barrio, farase unha visita á exposición sobre o poeta Aurelio Aguirre.
Pola tarde, a partir das 18 horas, será o turno do programa de radio aberta, "A radio en directo" cos locutores Ana Iglesias e Alvaro Veiga, de Radio Obradoiro. Nel haberá unha tertulia e tamén se dará lectura ás poesías de Aurelio Aguirre e ao poemario gañador do certame poético "Aurelio Aguirre". Ás 20 horas actuará o grupo de pandereteiras do centro e ás 21.30 Ramón Máiz, catedrático de Ciencias Políticas da USC, dará unha conferencia sobre o poeta homenaxeado. O acto final correrá a cargo do escritor Manuel Rivas, que lerá poemas da súa antoloxía "O pobo da noite".
O centro sociocultural de Conxo conmemora os 150 anos do famoso Banquete
29/03/2006 Un recital de Manuel Rivas pechará os numerosos actos do venres 31, que homenaxearán tamén ao poeta "Aurelio Aguirre".
O Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo vén celebrando de xeito continuado, desde a súa inauguración en 1993, o acto de conmemoración do histórico Banquete de Conxo no mes de marzo. Ademais de retomar a memoria dun barrio compostelán cargado de historia, que foi concello independente ata 1925, o seu centro sociocultural leva o nome dun poeta singular, Aurelio Aguirre, polo que non se podería pasar por alto a efeméride dos 150 anos da celebración do Banquete.O venres 31 de marzo, a partir das 12 da mañá, haberá unha ofrenda floral a Aurelio Aguirre en Boisaca, nun acto que contará co alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os nenos dos colexios e institutos do barrio (colexio Quiroga Palacios e instituto Eduardo Pondal). De seguido, darase lectura a algúns poemas de Aguirre, e o grupo de música tradicional "Aurelio Aguirre" interpretarase á gaita o Himno do Antigo Reino de Galicia. Despois, xa en Conxo, será descoberta unha placa co nome da rúa do Banquete de Conxo. No centro sociocultural do barrio, farase unha visita á exposición sobre o poeta Aurelio Aguirre.