PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Xornadas Técnicas sobre programas experimentais de emprego

27/03/2006 A Concellería de Promoción Económica e Emprego organiza a xornada "Novas prácticas na intermediación pública polo emprego", dirixida a persoas vinculadas coa inserción laboral, que se celebrará o 6 de abril en Santiago de Compostela.

A Xornada celebrarase o día 6 de abril de 2006, a partir das 10.00 horas no Salón de Actos da Escola Galega de Administración Pública (Polígono de Fontiñas – Rúa Madrid, 2-4 Santiago de Compostela) e ten como finalidade reflexionar sobre o impacto dos programas experimentais de inserción en Galicia.

Na Xornada estarán presentes Xosé Manuel Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago, e o Director Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.

Os ponentes serán: Nieves Fernández, técnica de Formación e Emprego da Rede Araña; Josefa Hermo García, responsable de selección de persoal do Grupo Clave; María del Mar Castro Romero, técnico do gabinetes de estudos Expertas. Tamén haberá un Panel no que amosarán proxectos experimentais que se están a desenvolver en Galicia: Proxecto Crear, do Concello de Santiago; O noso esforzo é o teu traballo, do Concello de Mos; Arousa Norte Emprega, da Mancomunidade de municipios da Ría de Arousa; e Integra Rocha, de Cáritas diocesana de Santiago.

Compartir: