ALCALDÍA
A Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos inaugurou a súa nova sede
31/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu xunto coa concelleira de Benestar Social, Paula Prado, á inauguración da sede da Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos.
A Asociación conta agora coa sede na rúa Romero Donallo, 29 entreplanta. ACNH es unha entidade sen ánimo de lucro que reúne pais de nenos e nenas con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperáctividade. Ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH e dos que as rodean, respondendo ás necesidades educativas, psicoloxicas e sociaiss, que presentan as persoas con esta problematica.