ALCALDÍA

Santiago e Vedra unirán esforzos en materia de comunicacións viarias e turismo

31/01/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, prosegue coa súa rolda de contactos cos rexedores dos municipios da bisbarra. Desta vez foi o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, o que pasou por Raxoi para falar de cuestións como as melloras das comunicacións entre os dous concellos ou accións de promoción turística conxuntas.

Unha das demandas do Concello de Vedra é o arranxo da estrada que conecta Santiago e Vedra, a través de Santa Lucía. Conde Roa explicou que deste vieiro, dependente da Deputación da Coruña, quedan 1,8 quilómetros por arranxar. O Goberno compostelán está facendo xestións do organismo provincial para intentar que se mellore este tramo, que soporta un importante caudal de tráfico.

O rexedor de Vedra coincidiu nesta demanda de mellora desta estrada, que "non se arranxa dende hai 20 ou 30 anos", adaptándoa aos tempos actuais. Recordou que este vieiro é o principal conexión de Vedra con Santiago.

En materia turística, ambos alcaldes coincidiron na necesidade de potenciar sinerxías entre os municipios das Terras de Santiago e doutras bisbarras limítrofes. Neste sentido, Carlos Martínez puxo como exemplo que "se logramos que un turista se quede dous días máis, beneficiarse toda a comarca".

Exemplo desta colaboración turística será este ano o Entroido. Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces promoverán xuntos esta celebración. Así, a praza do Obradoiro acollerá o venres 3 de febreiro, ás 12:00 horas, un tradicional "Atranque" do "Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla",

Compartir: