XUNTA DE GOBERNO
Normalización Lingüística
Por outra parte, acordouse solicitar á Secretaría Xeral de Normalización Lingüística unha subvención de 60.000 euros para diversos programas neste eido da promoción da utilización da lingua galega. Precisamente, nesta sesión aprobouse a sinatura dun protocolo de colaboración entre diversos Concellos, entre eles o de Santiago, para a posta en marcha do programa Club de debate dentro do ámbito da normalización lingüística e pensado para alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. O Concello achegaría 5.700 euros.
Pero ademais, a subvención solicitada destinaríase a outros programas, como o Premio Manuel Beiras; o denominado O galego, unha oferta positiva (destinado ao ámbito empresarial e comercial); Contos viaxeiros (de introdución dos escolares á literatura galega); Exprésate (sobre escritura de guións en galego); e Radiovexo (para coñecer como se fai un programa de radio ou televisión).
Santiago de Compostela e Trazo únense na demanda dunha ponte sobre o río Tambre entre Vilouchada e Busto
30/01/2012 A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria a adhesión do Concello de Santiago a unha petición do Concello de Trazo de construción pola Deputación da Coruña dunha ponte no río Tambre, unindo Vilouchada e Busto. Ademais, deuse o visto bo á solicitude dunha subvención para varios programas de fomento do galego.
O Concello de Trazo informara ao concelleiro de Medio Rural desta solicitude dunha ponte sobre o río Tambre. Para este proxecto estimouse un custo de 422.000 euros. Sería unha ponte de 10 metros de ancho por 32 metros de longo entre os lugares de Vilouchada, en Trazo, e Busto, en Santiago. A voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, apuntou que existiu unha "boa recepción" a esta demanda por parte da Deputación e agarda que a decisión da mesma se poida coñecer a mediados de 2012.Normalización Lingüística